Myriam Ben

Modelo:BiografíaMyriam Ben
Biografía
Nacemento10 de outubro de 1928 Editar o valor en Wikidata
Alxer Editar o valor en Wikidata
Morte19 de novembro de 2001 Editar o valor en Wikidata (73 anos)
Vesoul, Francia Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de París Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora, poetisa Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1955 Editar o valor en Wikidata -
Pseudónimo literarioMyriam Ben Editar o valor en Wikidata

Myriam Ben, nada en Alxer o 10 de outubro de 1928 e finada en Vesoul o 19 de novembro de 2001, foi unha activista, militante, novelista, poeta e pintora alxerina. Naceu como Marylise Ben Haïm en Alxer o 10 de outubro de 1928.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

O seu pai era un comunista que servira no exército francés durante a revolución de outubro, e a súa nai era música.[1] Criouse nun fogar non relixioso, lembrando máis tarde que tiña sete anos antes de darse conta de que a súa familia era xudía. En 1940, o réxime francés de Vichy revogou o Decreto Crémieux, do século XIX, privando aos xudeus alxerinos da cidadanía e provocando a expulsión de Ben do liceo ao que estivera asistindo en Alxer. Asistiu brevemente a unha escola xudía, pero completou a súa educación en casa debido á oposición do seu pai ao sionismo.

Mesmo a unha idade temperá, Ben participou activamente na causa da xustiza social, particularmente combatendo a pobreza entre a poboación indíxena de Alxeria.[1] Aos 14 converteuse na presidenta da Mocidade Comunista. Tamén participou activamente na Unión de Mulleres, e a través do patrocinio da organización, converteuse en mestra de escola na vila de Miliana. Ela e os seus compañeiros mestres instruíron aos estudantes— maioritariamente musulmáns e empobrecidos — pero tamén se esforzaron por elevar a súa conciencia política e promover un sentido descolonizado da historia.

Ben apoiou á Fronte de Liberación Nacional (FLN) anti-francés desde o comezo da Guerra de Independencia de Alxeria, e uniuse ao grupo guerrilleiro comunista Combattants de la Libération onde axudou a transportar armas.[1] O goberno francés considerouna unha criminal e condenouna, in absentia, a 20 anos de traballos forzados; con todo, nunca foi capturada e anos máis tarde sería perdoada. Cando terminou a guerra en 1962, Ben converteuse en membro do goberno alxerino independente.

En 1991, cando Alxeria entrou nun período de guerra civil, Ben mudouse a Francia. Continuou escribindo e pintando até a súa morte en 2001.[1]

Literatura

[editar | editar a fonte]

A súa novela máis longa, Sabrina, ils t'ont volé ta vie (en galego, Sabrina, roubáronche a vida), de 1986, é a historia do amor de dous musulmáns criados en Francia e as súas dificultades para se adaptaren ao novo goberno alxerino. O escritor Albert Bensoussan, tamén xudeu de Alxeria, cre que Ben expresou o seu propio desarraigo a través dos seus personaxes, porque xa daquela a súa cultura francesa era considerada estranxeira na Alxeria independente.[1]

Malia que Ben nunca negou a súa herdanza xudía, o seu activismo político residia maioritariamente nas súas ideas e na súa identidade. O seu xudaísmo era só parte da xenealoxía que a fixo ser quen era. O camiño de Ben ao activismo foi moldeado pola súa persecución como xudía, pero incorporou o seu xudaísmo ao seu activismo humanista, inspirada pola marxinación sufrida durante o período de Vichy. Seguiu escribindo en francés, sen cuestionar nunca a súa pertenza a Alxeria, nin o seu lugar como icona cultural alí. Foi, a pesar de escribir en francés e non en árabe, moi apreciada en Alxeria nos anos 70 e 80 como escritora, pintora e poeta.[1]

Xunto ao seu traballo de escritura, Myriam Ben foi pintora e presentou numerosas exposicións en Alxeria e no estranxeiro. De 1976 a 1986, o Centro Cultural Willaya de Alxer expuxo as súas obras regularmente. Ata 1992, expuxo anualmente con outras mulleres pintoras para conmemorar o Día Internacional da Muller, o 8 de marzo. Igualmente, o Museo Nacional de Belas Artes de Alxer adquiriu varias das súas pinturas, e expuxo en París e en varios países europeos.[2]

Ben, que xa fora profesora, rebelde e lexisladora, comezou en 1967 a súa carreira artística como poeta, narradora, novelista e pintora.[3] Publicou varias coleccións de poesía, unha colección de contos (Ainsi naquit un homme; 1982), e unha novela (Sabrina; 1986). Tamén foi celebrada polas súas pinturas abstractas.[4]

  • Le soleil assassiné, L'Harmattan, París, 2002. ISBN 2-7475-2176-1 (poesía)
  • Au carrefour des sacrifices, L'Harmattan, París, 2000.ISBN 2738413005ISBN 2738413005 (poesía)
  • Quand les cartes sont truquées, L'Harmattan, París, 2000. ISBN 2738478654ISBN 2738478654 (memorias)
  • Leïla: Les enfants du mendiant, L'Harmattan, París, 1998. ISBN 2738468942ISBN 2738468942 (teatro)
  • Ainsi naquit un homme, L'Harmattan, París, 1993. ISBN 2738419240ISBN 2738419240
  • Sabrina, ils t'ont volé ta vie, L'Harmattan, París, 1992. ISBN 2858027080ISBN 2858027080 (novela)
  • Sur le chemin de nos pas, L'Harmattan, París, 1984. (poesía)
  • L'âme de Sabrina, L'Harmattan, París, 2001. (historia curta)
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Stillman, Norman A., ed. (2015). "Ben, Myriam". Encyclopedia of Jews in the Islamic World. Brill. Consultado o 2018-10-14. 
  2. "Myriam Ben". ecrivainsmaghrebins.blogspot.com (en francés). Consultado o 28 de xullo de 2024. 
  3. Schirmer, Robert, ed. (2003). "Ben, Myriam". Encyclopedia of African Literature. Routledge. p. 75. ISBN 9781134582235. 
  4. Salami, ed. (2013). A Companion to Modern African Art. John Wiley & Sons. p. 262. ISBN 9781118515051.