Más Madrid

Más Madrid
Partido político da Comunidade de Madrid
Dirixentes e organización
Candidata á alcaldía de MadridManuela Carmena
Candidato á presidencia da Comunidade de MadridÍñigo Errejón
Historia
Fundación22 de novembro de 2018
Posicións políticas
IdeoloxíaEsquerda política
Progresismo
Outros datos
Na rede
masmadrid.org
Twitter: masmadrid__ Instagram: masmadrid2019 Telegram: MasMadridCM Editar o valor en Wikidata

Más Madrid é unha plataforma política madrileña de esquerdas impulsada pola actual alcaldesa da cidade Manuela Carmena.

En setembro de 2018 a alcaldesa de Madrid Manuela Carmena anunciou as súas intenciones de presentarse á relección nas eleccións municipais de 2019 cunha nova plataforma política, diferente a de Ahora Madrid, o partido político "instrumental" co cal cocorrera ás eleccións de 2015.[1][2]​ A mediados de novembro, os concelleiros de Ahora Madrid con militancia en Podemos Rita Maestre, José Manuel Calvo, Jorge García Castaño, Marta Gómez, Esther Gómez e Paco Pérez anunciaron que non participarían nas primarias de Podemos e manifestaron a súa intención de presentarse ás primarias da plataforma de Manuela Carmena, o que causou a súa suspensión cautelar de militancia no partido.[3]

O 22 de novembro de 2018 a plataforma de Carmena presentouse formalmente, co nome definitivo de "Más Madrid". Nesta presentación anunciouse que a campaña electoral da plataforma financiarase con "microcréditos" e que na candidatura non habería "cuotas" para partidos.[4]​ En xaneiro de 2019, Íñigo Errejón, até entón primeiro de lista oficioso de Podemos nas eleccións autonómicas de 2019, anunciou nunha carta conxunta con Manuela Carmena a súa intención de presentarse como candidato para esas eleccións dentro da plataforma de Más Madrid, anunciándose na propia carta a intención de celebrar de primarias en febreiro.[5] O anuncio xerou unha grave crise en Podemos; o secretario xeral do partido Pablo Iglesias Turrión desautorizou a iniciativa de Íñigo Errejón cunha carta, na que declarou que consideraba a iniciativa do seu excandidato como allea á ruta marcada polos inscritos do partido.[6] Esta crise causou a dimisión de Íñigo Errejón como deputado e de Ramón Espinar como secretario xeral de Podemos na Comunidade de Madrid.[7][8]