Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de marzo de 1987 (37 anos) Nuuk, Groenlandia |
7º Primeiro ministro de Groenlandia | |
23 de abril de 2021 – ← Kim Kielsen | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Groenlandia |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Inuit Ataqatigiit |
Lingua | Lingua groenlandesa |
Múte Inequnaaluk Bourup Egede, nado o 11 de marzo de 1987,[1] é un político groenlandés. Dende abril de 2021 é o sétimo primeiro ministro de Groenlandia.[2] Foi membro do Inatsisartut, o parlamento de Groenlandia, dende 2015 e, ademais, como presidente do partido Inuit Ataqatigiit dende 2018.[3][4]
Egede naceu en Nuuk mais medrou en Narsaq, no sur de Groenlandia. Rematou o ensino secundario en Qaqortoq antes de que en 2007 comezase a estudar Historia Cultural e Social na Universidade de Groenlandia. Entre 2011 e 2012, foi o vicepresidente de KISAQ, a Sociedade de estudantes académicos de Groenlandia.[1] Non rematou os seus estudos, xa que en 2013 abandonou para facerse cargo dunha empresa familiar de forraxes dirixida polo seu pai.[5][4]
En 2007, Egede foi membro do parlamento xuvenil groenlandés, o Inuusuttut Inatsisartui,[4] e desde 2013 ata 2015 presidente do Inuusuttut Ataqatigiit, a organización xuvenil de Inuit Ataqatigiit.[1][4]
Nas eleccións xerais de Dinamarca de 2015, Egede foi un candidato para o Folketing en representación de Inuit Ataqatigiit.[6] Recibiu 2.131 votos, os cales non foron abondos para obter un escano no parlamento.[7]
Entre 2016 e 2018, Egede exerceu como ministro de Materias Primas e Mercado de Traballo, onde simultaneamente, durante tres meses en 2017, foi ministro en funcións de Concellos, Aldeas, Barrios, Infraestruturas e Vivenda.[4]
O 1 de decembro de 2018 foi elixido presidente do Inuit Ataqatigiit, sucedendo a Sara Olsvig.[4] Liderou o partido nas eleccións xerais de Groenlandia de 2021, onde, cun 36,6% dos votos, se converteu no partido máis numeroso do parlamento.[5] Con 3.380 votos persoais, Egede foi o candidato con máis votos persoais nas eleccións, recibindo 1.500 máis ca o primeiro ministro, Kim Kielsen do partido Siumut.[8] O 16 de abril anunciouse a creación dunha coalición con Naleraq, cun Naalakkersuisut (gabinete) de 10 membros; Atassut, que contaba con dous escanos, anunciou que aínda que non entraría nunha coalición independentista prestarían apoio á coalición.[9] Egede converteuse no primeiro ministro máis novo da historia de Groenlandia.[10] Foi confirmado como primeiro ministro polo Inatsisartut o 23 de abril.[2] Formou un novo goberno en abril de 2022.[11]
Egede é o presidente Inuit Ataqatigiit, que é un partido socialista democrático en Groenlandia.[12] Ao igual ca o partido, Egede está a prol da independencia de Groenlandia.[4]
Egede ten dous fillos coa súa exparella.[1]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Múte Bourup Egede |