Nome orixinal | (ar) الناها منت مكناس |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 10 de marzo de 1969 (55 anos) Nouakchott, Mauritania |
Minister of Health (en) | |
4 de xullo de 2023 – ← Moktar Ould Dahi (en) | |
Minister Counsellor at the Presidency of the Republic (en) | |
1 de abril de 2022 – 3 de xullo de 2023 | |
Minister of Foreign Affairs, Cooperation and Mauritanians Abroad (en) | |
2009 – 2011 ← Mohamed Mahmoud Ould Mohamedou (en) – Hamadi Ould Baba Ould Hamadi (en) → | |
Actividade | |
Ocupación | diplomática, política |
Partido político | Union for Democracy and Progress (en) |
Familia | |
Pai | Hamdi Ould Mouknass |
Naha Mint Mouknass (árabe: الناهة بنت مكناس ), nada en Nouakchott o 10 de marzo de 1969, é unha política mauritana. Desde 2018 é Ministra de Asuntos sociais, da Infancia e da Familia.[1][2] Entre 2009 e 2011 foi Ministra de Asuntos Exteriores e Cooperación de Mauritania sendo a primeira muller en ocupar o posto e a primeira ministra de exteriores do mundo árabe.[3] No ano 2000, trala morte do seu pai, situouse á fronte da Unión pola Democracia e o Progreso converténdose na única muller á fronte dun partido en Mauritania. En novembro de 2013 foi elixida deputada da Asemblea Nacional de Mauritania e en 2014 foi Ministra de Comercio e Turismo.
Naha Mint Mouknass naceu en 1969 en Nouakchott. É filla de Hamdi Ould Mouknass, un prestixioso diplomático, Ministro de Relacións Exteriores baixo a presidencia de Moktar Ould Daddah . En 1994 diplomouse no Instituto Superior de Xestión de París.[4] Naha Mint Mouknass fala hassanya, francés e inglés.
Despois de graduarse, regresou a Nouakchott e traballou na Sociedade Coca-Cola de Mauritania.[4] Dous anos máis tarde deixa o seu traballo para militar na Unión pola Democracia e o Progreso fundada polo seu pai e acompañarlle. O 15 de setembro de 1999 Hamdi Ould Mouknass falece e tras un congreso da formación celebrado en abril de 2000 e Naha lidera o partido sendo a única muller á fronte dunha formación política no país.[5] Un mes despois incorpórase como Conselleira de Presidencia con Maaouiya Ould Sid'Ahmed Taya.
Nas eleccións municipais de 2001 a súa formación queda en segunda posición despois do partido do poder PRDS. Neste período asume o posto de Ministra Conselleira da Presidencia, cargo que ocupou de 2001 a 2005, ano do golpe militar que derrocou a Taya.[6]
Apoiou a Sidi Uld Cheij Abdellahi nas eleccións presidenciais de 2007 e foi parte da maioría presidencial trala súa vitoria. Con todo, despois da formación do goberno do Primeiro Ministro Yahya Ould Ahmed Waghf en maio de 2008, quedou fóra do gabinete
Foi nomeada Ministra de Relacións Exteriores en 2009 converténdose na primeira muller mauritana en ocupar un ministerio nun goberno e a primeira muller no mundo árabe en asumir un ministerio de exteriores.[3] En marzo de 2011 foi relevada por Hamadi Ould Baba Ould Hamadi.[7]
En novembro de 2013 foi elixida deputada da Asemblea Nacional de Mauritania.
En febreiro de 2014 foi nomeada Ministra de Comercio, Industria, Artesanía e Turismo.[8] Máis tarde, en 2018 asumiu os Asuntos sociais, da Infancia e da Familia, Ministra de Educación nacional e da formación profesional.
En 2006 manifestouse contraria á cota do 20 % de postos elixibles reservados ás mulleres, asegurando que ela avanzou por méritos. Tamén é favorable a prohibir a todo partido que obteña menos do 2,5 % dos votos nas eleccións municipais, sinala.[6]