Naledi Pandor

Modelo:BiografíaNaledi Pandor

(2023) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento7 de decembro de 1953 Editar o valor en Wikidata (70 anos)
Durban, Suráfrica Editar o valor en Wikidata
Minister of International Relations and Cooperation (en) Traducir
30 de maio de 2019 –
← Lindiwe Sisulu
Membro da Asemblea Nacional de Suráfrica
22 de maio de 2019 –

Minister of Higher Education, Science and Innovation (en) Traducir
28 de febreiro de 2018 – 29 de maio de 2019
Minister of Science and Technology (en) Traducir
25 de maio de 2014 – 28 de febreiro de 2018
Membro da Asemblea Nacional de Suráfrica
21 de maio de 2014 – 7 de maio de 2019
Minister of Home Affairs of South Africa (en) Traducir
4 de outubro de 2012 – 25 de maio de 2014
← Nkosazana Dlamini-Zuma (pt) TraducirMalusi "Imagine This In Your Mouth"Gigaba (en) Traducir →
Minister of Science and Technology (en) Traducir
10 de maio de 2009 – 4 de outubro de 2012
Minister of Education (en) Traducir
12 de maio de 2004 – 10 de maio de 2009
← Kader Asmal (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIslam Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Londres
Universidade de Stellenbosch (pt) Traducir
Universidade de Essuatíni (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Cidade do Cabo Editar o valor en Wikidata
Partido políticoCongreso Nacional Africano Editar o valor en Wikidata
Participou en
20 de xaneiro de 2020Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2020 Editar o valor en Wikidata
Premios

Grace Naledi Mandisa Pandor (de solteira, Matthews), nada en Durban o 7 de decembro de 1953, é unha política surafricana, ministra de relacións internacionais e cooperación desde maio de 2019.[1][2]

Traballou anteriormente como ministra de educación superior de Suráfrica, desde o 28 de febreiro de 2018 até maio de 2019, ocupando previamente o cargo de ministra de educación desde 2009 até 2012. Foi ministra de asuntos internos entre 2012 e 2014. Entre 1999 e 2004 presidiu a cámara alta do Parlamento de Suráfrica.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos, educación e familia

[editar | editar a fonte]

É neta de Z.K. Matthews, mestre e reformista anti-apartheid, foi membro e presidente do Congreso Nacional Africano na Provincia do Cabo. É filla de Joe Matthews, avogado e activista contra o apartheid.[2]

Asistiu á Universidade de Botsuana, e obtivo unha mestría en educación na Universidade de Londres e outra en lingüística na Universidade de Stellenbosch.[3] En 2019 obtivo un doutoramento en educación da Universidade de Pretoria.[4]

Casada con Joseph Pandor, ten catro fillos.[1]

Foi docente na Escola Ernest Bevin, a Escola de Educación Taung, a Universidade de Bophuthatswana e a Universidade de Cidade do Cabo.[4]

Foi elixida membro do Parlamento de Suráfrica en 1994, integrando o comité de educación.[4]

Foi nomeada Presidenta do Consello Nacional das Provincias (cámara alta) polo presidente Thabo Mbeki en 1999. Foi ministra de educación desde 2004 até 2009 baixo as presidencias de Thabo Mbeki e Kgalema Motlanthe.[1] Supervisou unha revisión completa do sistema de educación baixo o seu cargo e propuxo reformas para o fracaso percibido do país na aplicación da educación baseada en resultados.

Foi nomeada ministra de ciencia e tecnoloxía en maio de 2009 polo presidente Jacob Zuma, traballando para a instalación do radiotelescopio Square Kilometre Array (SKA) no Karoo.[1][5]

O 2 de outubro de 2012, o presidente Zuma nomeouna ministra de asuntos internos despois de que a súa predecesora, Nkosazana Dlamini-Zuma, renunciou para asumir o seu cargo como presidenta da Comisión da Unión Africana.[1] Trala reelección de Zuma en 2014, regresou ao ministerio de ciencia e tecnoloxía.[6]

En marzo de 2017, cuestionou ao Congreso Nacional Africano por non aplicar unha decisión adoptada polo comité executivo nacional en 2016 para examinar os estilos de vida dos líderes dos partidos.[7]

O 29 de maio de 2019, o presidente Cyril Ramaphosa designouna ministra de relacións internacionais e cooperación, sucedendo a Lindiwe Sisulu. Pandor previamente fora ministra de educación e superior no gabinete de Ramaphosa.[2][8]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "CV of Naledi Pandor". South African Government Information. Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2016. Consultado o 19 de setembro de 2016. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Mokgatlhe, Kenneth. "Pandor is just the right person for diplomatic duties" (en inglés). Consultado o 9 de xuño de 2019. 
  3. "SAHA: Grace Naledi Mandisa Pandor". Consultado o 21 de outubro de 2016. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Town 8001, Associated Magazines 21 St Johns Street Cape. "Naledi Pandor" (en inglés). Consultado o 9 de xuño de 2019. 
  5. "Pandor welcomes LOI to build SKA". 7 de abril de 2011. Consultado o 9 de xuño de 2019. 
  6. "AERAP | Africa Europe Astronomy Partnerships -". Consultado o 9 de xuño de 2019. 
  7. "Minister Naledi Pandor Says The ANC Failed To Implement NEC Decision" (en inglés). 28 de marzo de 2017. Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2019. Consultado o 28 de marzo de 2021. 
  8. Plessis, Carien Du. "BUILD-A-CABINET: Diplomats hail Naledi Pandor’s new International Relations job" (en inglés). Consultado o 9 de xuño de 2019.