Nana Ioseliani

Modelo:BiografíaNana Ioseliani

Nana Ioseliani durante a Olimpíada Feminina de Xadrez da Valeta 1980 Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ka) ნანა მიხეილის ასული იოსელიანი Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(ka) ნანა იოსელიანი Editar o valor en Wikidata
12 de febreiro de 1962 Editar o valor en Wikidata (62 anos)
Tbilisi, Xeorxia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxadrecista Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaXeorxia
Unión Soviética Editar o valor en Wikidata
Deportexadrez Editar o valor en Wikidata
Título de xadrecistaWoman Master of Sport of USSR in Chess (en) Traducir (1976)
Mestra Internacional Femenina (1979)
Gran Mestra Feminina (1980)
Mestre Internacional (1993) Editar o valor en Wikidata
Puntos ELO (màx.)2.520 (1997)<
Identificador FIDE13600079 Editar o valor en Wikidata
Participou en
2002Women's Chess Olympiad 2002 (en) Traducir
2000Women's Chess Olympiad 2000 (en) Traducir
1998Women's Chess Olympiad 1998 (en) Traducir
1996Women's Chess Olympiad 1996 (en) Traducir
1994Women's Chess Olympiad 1994 (en) Traducir
1992Women's Chess Olympiad 1992 (en) Traducir
1982Women's Chess Olympiad 1982 (en) Traducir
1980Women's Chess Olympiad 1980 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Nana Ioseliani (xeorxiano: ნანა იოსელიანი), nada en Tbilisi o 12 de febreiro de 1962, é unha xadrecista. A FIDE nomeouna Gran Mestra Feminina en 1980 e Mestra Internacional Feminina en 1993.

En 1978 dábase por feito que formaría parte do equipo feminino soviético na 23ª Olimpíada de Xadrez en Buenos Aires. Con todo, o Kremlin decidiu intervir, pois todos os membros do equipo eran de Xeorxia. Así, Ioseliani, a máis nova do equipo, foi substituída por unha xogadora de orixe rusa unha hora antes de o avión partir cara a capital arxentina.[1] Ioseliani participou co equipo soviético nas 24ª e 25ª Olimpíadas en Valeta e Lucerna, respectivamente. Posteriormente uniuse ao equipo xeorxiano nas 30ª, 31ª e 32ª Olimpíadas en Manila, Moscova e Ereván. O seu equipo obtivo o ouro nas cinco ocasións. Tamén participou nas tres Olimpíadas seguintes en Elista 1998, Istambul 2000 e Bled 2002. Nestas, Xeorxia obtivo as medallas de bronce e de prata e quedou en 4º lugar, respectivamente. A puntuación individual de Ioseliani foi de 65 puntos en 88 xogos (+49, =32, -7).[2]

En 1979 e en 1980 foi a gañadora feminina do Campionato Europeo Xuvenil de Xadrez. Gañou o Torneo de Candidatas en dúas ocasións para xogar o Mundial Feminino de Xadrez. En 1988 xogou contra a entón campioa Maia Chiburdanidze e perdeu por 8½ a 9½ (+2, =11, -3).[3] En 1993 perdeu ante Xie Jun por 2½ a 8½.[4]

Gañou o Campionato Soviético Feminino de Xadrez en catro ocasións. Ioseliani tamén xogou con Xeorxia no Mundial de Xadrez por Equipos de 1997, no que logrou unha puntuación de 1½/7 no taboleiro 2.[5]

Desde 2003 está inactiva como xadrecista e é empresaria en Praga.[6]

Filmografía

[editar | editar a fonte]

En 1978 actuou na curtametraxe de comedia Shesveneba. Nela interpretaba a unha xadrecista quen vencía a todos os seus compañeiros homes.[7]

En 2021 apareceu no documental Glory to the Queen xunto con Nana Alexandria, Nona Gaprindashvili e Maia Chiburdanidze.[8]

  1. Lazareva, Inna (13 de decembro de 2020). "Georgian women ruled chess in the Soviet era. A new generation chases the same ‘Queen’s Gambit’ glory.". The Washington Post (en inglés) (Tbilisi). Consultado o 24 de febreiro de 2023. 
  2. "Women's Chess Olympiads - Nana Ioseliani". OlimpBase (en inglés). Consultado o 24 de febreiro de 2023. 
  3. "1988 Chiburdanidze - Ioseliani: World Chess Championship (Women)". Mark-Weeks (en inglés). Consultado o 24 de febreiro de 2023. 
  4. "1993 Xie Jun - Ioseliani: World Chess Championship (Women)". Mark-Weeks (en inglés). Consultado o 24 de febreiro de 2023. 
  5. "World Men's Team Chess Championship - Nana Ioseliani". OlimpBase (en inglés). Consultado o 24 de febreiro de 2023. 
  6. "The God of Moon – Nanna - The 43rd Chess Olympiad, Batumi 2018 Georgia". FIDE (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2023. Consultado o 24 de febreiro de 2023. 
  7. "Shesveneba (TV Short 1978) - Reference View". IMDb (en inglés). Consultado o 24 de febreiro de 2023. 
  8. "Glory to the Queen (2020)". IMDb (en inglés). Consultado o 24 de febreiro de 2023.