Naruto Shippūden: A película | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Naruto: Shippūden the Movie |
Director | Hajime Kamegaki |
Guión | Junki Takegami Historia: Masashi Kishimoto |
Intérpretes | Junko Takeuchi Chie Nakamura Kōichi Tōchika Yōichi Masukawa |
Música | -yaiba- Yasuharu Takanashi |
Distribuidora | Toho Company Ltd. |
Estrea | 2007 |
Duración | 95 minutos |
Orixe | Xapón |
Xénero | Animación |
Filme anterior | Naruto the Movie 3: Guardians of the Crescent Moon Kingdom |
Filme seguinte | Naruto Shippūden 2: Bonds |
Na rede | |
http://www.tv-tokyo.co.jp/anime/naruto/movie07 | |
Naruto: Shippūden the Movie (劇場版NARUTO−ナルト− 疾風伝 Gekijōban Naruto Shippūden) é un filme de animación xaponés dirixido por Hajime Kamegaki que se estreou no 2007. Cuarto filme baseada no manga e anime Naruto, e primeira dentro da lina argumental Shippūden.
Na escena inicial vemos a Naruto loitando contra un monstro, que remata atravesándoo no lombo e matándoo. Despois pódese ver ós ninjas de Konoha no seu funeral.
O tempo retrocede a varios días atrás, onde un home chamado Yomi (cuxo nome en xaponés significa "inframundo") ataca un santuario para liberar o espírito de Mouryou, un demo que tempo atrás intentou conquistar o mundo e establecer o seu "Reinado dos Mil Anos". Como non ten un corpo para sobrevivir, Yomi ofrécelle o seu como substituto temporal ata que poidan atopar o corpo orixinal de Mouryou.
O único obstáculo para as ambicións de Mouryou é unha sacerdotisa chamada Shion, que ten o poder para selar o seu espírito unha vez máis. Para acadar os seus obxectivos, Mouryou esperta a un exército de soldados de pedra para atacalo resto do mundo mentres os seus catro subordinados se encargan de eliminar a Shion. Para iso entrégalles unhas estrañas criaturas de chakra para incrementar a súa forza.
Para afrontar a ameaza, Konoha envía varios escuadróns ninja para deter ós soldados de pedra. Naruto Uzumaki, Sakura Haruno, Neji Hyuuga e Rock Lee son asignados como os protectores de Shion e a súa misión é levala ó santuario onde descansa o corpo de Mouryou.
Personaxe | Voz en xaponés |
---|---|
Naruto Uzumaki | Junko Takeuchi |
Sakura Haruno | Chie Nakamura |
Rock Lee | Yōichi Masukawa |
Neji Hyuga | Kouichi Toochika |
Tsunade | Masako Katsuki |
Shizune | Keiko Nemoto |
Tonton | Keiko Nemoto |
Kakashi Hatake | Kazuhiko Inoue |
Maito Gai | Masashi Ebara |
Shikamaru | Showtaro Morikubo |
Temari | Romi Park |
Shion | Ayumi Fujimura |
Miroku | Fumiko Orikasa |
Taruho | Yoshinori Fujita |
Moryo | Seizō Katō |
Yomi | Hidetoshi Nakamura |
Gitai | Kishô Taniyama |
Setsuna | Katsuyuki Konishi |
Susuki | Daisuke Kishio |
Kusuna | Tetsuya Kakihara |
Shizuku | Miyuki Sawashiro |
Vella dama | Makiko Nabei |
Gardas do pazo | Ryusaku Chijiwa Kenichi Mine |
Garda | Keisuke Fujii |
Rapaza | Yoko Nishino |