(2017) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de agosto de 1994 (30 anos) Sydney, Australia |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Australia |
Educación | Sydney Girls High School (en) Universidade de Tecnologia de Sydney (pt) |
Actividade | |
Ocupación | actriz , actriz de cinema , taekwondista |
Período de actividade | 2015 - |
Lingua | Lingua inglesa |
Deporte | Taekwondo |
|
Natasha Liu Bordizzo (en chinés: 劉承羽, Liú Chéng-yǔ), nada en Sydney o 25 de agosto de 1994, é unha actriz e modelo australiana. Fixo o seu debut no cinema interpretando o papel de Snow Vase no filme Crouching Tiger, Hidden Dragon: Sword of Destiny de Netflix.[1]
Bordizzo naceu en Sydney, Australia. A súa nai é chinesa e o seu pai é de ascendencia italiana. Asistiu ó Sydney Girls High School, e despois comezou a estudar no Bachelor of Law / Bachelor of Communication da Universidade de Tecnoloxía de Sydney, cando conseguiu o papel no filme Crouching Tiger, Hidden Dragon: Sword of Destiny malia ser esa a súa primeira audición. Bordizzo declarou que a súa aparencia e as súas habilidades de artes marciais foron factores clave ó conseguir o papel. Bordizzo ten cinto negro en Taekwondo.[2]