(2021) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Natividad del Carmen Llanquileo Pilquiman 14 de xullo de 1984 (40 anos) Tirúa, Chile (pt) |
Q113027765 Convención Constitucional | |
6 de xaneiro de 2022 – 4 de xullo de 2022 | |
Membro da Convención Constitucional chilena | |
4 de xullo de 2021 – 4 de xullo de 2022 | |
Datos persoais | |
Grupo étnico | Pobo mapuche |
Educación | Bolivarian University of Chile (en) - dereito Universidade de La Frontera (pt) - interculturalismo (pt) , dereitos humanos, política pública |
Actividade | |
Ocupación | Activista polos dereitos humanos, avogada, líder amerindia, política |
Sitio web | natividad.cl |
Natividade Llanquileo Pilquimán, nada en Esteban Yevilao, Tirúa, o 14 de xullo de 1984, é unha avogada e política mapuche chilena, defensora dos dereitos humanos nese país.[1] Forma parte do equipo de avogados do Centro de Investigación e Defensa SUR (CIDSUR), da Araucanía. Dende xullo de 2021 é membro da Convención Constitucional de Chile en representación do pobo mapuche (Macrozona 2: Ñuble, Biobío e Araucanía).
En 2010, ocupou o rol de voceira durante a folga de fame dos comuneiros mapuches en 2010.[2] A folga de fame dos 35 comuneiros detidos buscaba principalmente a non aplicación e derrogación da Lei Antiterrorista. Dentro dos 35 comuneiros atopábanse dous dos seus irmáns.[1][3]
Naceu o 14 de xullo de 1984 na comunidade Esteban Yevilao de Puerto Choque, na comuna de Tirúa, rexión do Biobío en Chile.[1] Abandonou o campo e a súa comunidade para estudar a carreira de dereito en Santiago graduándose como avogada na Universidade Bolivariana de Chile. Posteriormente cursou un diplomado en dereitos humanos, políticas públicas e interculturalidade na Universidade de La Frontera.[3] Profesionalmente, exerceu como avogada defensora de distintos detidos mapuches e noutros casos emblemáticos.
En xaneiro de 2021, reuniu as sinaturas requiridas para presentarse como candidata pola rexión do Biobío ás eleccións convencionais constituíntes de Chile de 2021 como representante do pobo mapuche nos dezasete escanos reservados para pobos orixinarios, dos cales sete son para os mapuches.[4][3][5]
Na elección de constituíntes realizada en Chile o 15 e o 16 de maio de 2021, Llanquilleo obtivo o 5,94% dos sufraxios, dentro dos votos do pobo mapuche, converténdose na segunda candidata con máis votos entre os pobos orixinarios, detrás de Francisca Linconao co 7,15% dos votos, sendo elixida como unha das 7 representantes mapuches na Convención Constitucional.[6]
O 6 de xaneiro de 2022, asumiu como vicepresidenta adxunta da Convención, xunto a Bárbara Sepúlveda, Lidia González, Tomás Laibe e Amaya Alvez.[7]