Nordica | ||
---|---|---|
IATA EE | OACI EST | Indicativo REVAL |
Fundación | 25 de setembro de 2015 | |
Inicio das operacións | 8 de novembro de 2015 | |
Plan de voo frecuente | Miles & More | |
Frota | 12 | |
Destinos | 19 | |
Holding | AS Nordic Aviation Group | |
Eslogan da compañía | Eesti moodi eriline | |
Sede | Talín, Estonia | |
Páxina web: https://www.nordica.ee/ |
Nordica é a aeroliña nacional de Estonia. A compañía é propiedade do estado estoniano, ten a súa sede en Talín e está aseada no aeroporto desa cidade.
A compañía fundouse o 25 de setembro de 2015 por decisión do goberno estoniano co nome de Nordic Aviation,[1] tras a liquidación da anterior aeroliña nacional, Estonian Air. As operacións comezaron o 8 de novembro dese meso ano cun voo entre Talín e Ámsterdam.
O 30 de marzo de 2016 anunciouse que o novo nome da aeroliña sería Nordica.[2][3]
No primeiro ano a aeroliña eslovena Adria Airways operou a meirande parte dos voos de Nordica mentres esta se facía coa súa propia frota e tripulación. Dende o 19 de novembro de 2016 Nordica estableceu unha asociación estratéxica con LOT Polish Airlines, usando a súa plataforma comercial, o seu sistema de billetes e o seu código de voo.[4]
Nordica está en proceso de facerse coa súa propia frota. En xaneiro de 2017 a súa frota estaba formada polos seguintes avións:[5]
Avión | En servizo | Pedidos | Pasaxeiros | Notas | |||
---|---|---|---|---|---|---|---|
P | Y | Total | |||||
Bombardier CRJ700 | 2 | — | 4 | 66 | 70 | ||
Bombardier CRJ900 | 4 | — | 2 | 88 | 88 | ||
Total | 6 | — |