Nosa Señora de Lurdes

A gruta onde apareceu Nosa Señora de Lurdes.

Nosa Señora de Lurdes, coñecida comunmente como Virxe de Lurdes,[1] é unha advocación da Virxe María.

A advocación de Nosa Señora de Lurdes fai referencia ás dezaoito aparicións da Virxe María que Bernadette Soubirous (1844 -1879) afirmou ter presenciado na gruta de Massabielle, a beiras do río Gave de Pau, nos arredores da cidade francesa de Lourdes.[2]

Xa en vida de Bernadette, multitude de católicos creron nas aparicións da Virxe María como vehículo da graza de Deus, e o papa Pío IX autorizou o bispo local para que permitise a veneración da Virxe María en Lurdes en 1862,[2] uns dezasete anos antes da morte de Bernadette.

Bernadette Soubirous foi proclamada santa por Pío XI o 8 de decembro de 1933.[2] Dende entón, a advocación da Virxe María como Nosa Señora de Lurdes foi motivo de gran veneración, e o seu santuario é un dos máis visitados do mundo: entre 5 e 6 millóns de persoas peregrinan alí cada ano.[3]

A Igrexa Católica invoca a Nosa Señora de Lurdes como patroa dos enfermos.[4]

  1. "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-11-29. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "La Iglesia y las Apariciones de la Virgen". Aciprensa. Consultado o 21/12/2024. 
  3. "De Lourdes a Fátima: el lucrativo mundo del turismo religioso". Euronews (en castelán). 2024-09-20. Consultado o 2024-12-21. 
  4. PROVINCIAS, LAS (2019-02-11). "Santoral de hoy. Por qué la Virgen de Lurdes es la patrona de los enfermos y cuándo una curación es milagrosa". Las Provincias (en castelán). Consultado o 2024-12-21. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]