Nosa Señora de Lurdes, coñecida comunmente como Virxe de Lurdes,[1] é unha advocación da Virxe María.
A advocación de Nosa Señora de Lurdes fai referencia ás dezaoito aparicións da Virxe María que Bernadette Soubirous (1844 -1879) afirmou ter presenciado na gruta de Massabielle, a beiras do río Gave de Pau, nos arredores da cidade francesa de Lourdes.[2]
Xa en vida de Bernadette, multitude de católicos creron nas aparicións da Virxe María como vehículo da graza de Deus, e o papa Pío IX autorizou o bispo local para que permitise a veneración da Virxe María en Lurdes en 1862,[2] uns dezasete anos antes da morte de Bernadette.
Bernadette Soubirous foi proclamada santa por Pío XI o 8 de decembro de 1933.[2] Dende entón, a advocación da Virxe María como Nosa Señora de Lurdes foi motivo de gran veneración, e o seu santuario é un dos máis visitados do mundo: entre 5 e 6 millóns de persoas peregrinan alí cada ano.[3]
A Igrexa Católica invoca a Nosa Señora de Lurdes como patroa dos enfermos.[4]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nosa Señora de Lurdes |