Nuala Ní Dhomhnaill

Modelo:BiografíaNuala Ní Dhomhnaill

(2009) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1952 Editar o valor en Wikidata (71/72 anos)
Lancashire, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversity College Cork Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPoesía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpoetisa, escritora Editar o valor en Wikidata
Membro de

BNE: XX1136061 Discogs: 3712067 Editar o valor en Wikidata

Nuala Ní Dhomhnaill, nada en Lancashire en 1952, é unha poeta irlandesa en lingua irlandesa.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu en Inglaterra de pais irlandeses. Cando tiña cinco anos de idade volveu a Irlanda, vivindo cunha súa tía en Cean Trá, dous anos despois seus pais volveron tamén a Irlanda. Criouse pois na península de Dingle, dentro do Gaeltacht, e pasou tamén períodos en Limerick e Aonach Urmhumhan durante a súa xuventude. O sacerdote e escritor Pádraig Ó Fiannachta era seu tío. Estudou  irlandésinglés no University College Cork entre 1969 e 1972. Nesa época formou parte da escola Innti de poetas. Logrou o certificado superior en educación en 1973. Casou co xeólogo turco Dogan Leflef e viviu primeiro nos Países Baixos e dende 1975 en Turquía. Traballou como profesora de inglés na Universidade Técnica do Oriente Medio en Ancara. En 1980 aveciñouse coa súa parella en Dublín.

En 1981 publicou a súa primeira colección de poesía: An Dealg Droighin (1981). Supuxo a súa entrada en Aosdána. Na súa poesía sobrevive moito do período  Innti. A mitoloxía e o folclore, así como as cancións populares son unha fonte para a súa obra, frecuentemente combinada co feminismo[1], a sexualidade[2] e a cultura, ligando xénero e opresión política[3] e facendo central a conexión entre o corpo feminino e o texto[4]; mais tamén está moi presente o humor na súa poesía. Tamén a lingua é un tema recorrente, nun dos seus poemas, "Ceist na Teangan" (a cuestión da lingua) explica a súa decisión de escribir só en irlandés[5] como a voz natural da poeta e pola súa expresividade e concreción[6]. O seu recoñecemento internacional[7] vénlle da publicación en 1986 dunha edición bilingüe, inglés-irlandas, dunha selección da súa obra lírica. A súa poesía está traducida ao inglés, francés, alemán, polaco, italiano, noruegués, estoniano, bretón e xaponés; en galego algúns dos seus poemas apareceron na escolma de 2003 Pluriversos: seis poetas irlandesas de hoxe mais en Un bosque novo. Antoloxía da poesía gaélica contemporánea de 2016. En 1985 publicou a peza de teatro infantil Jimín, baseada[8] na obra de 1919 Jimín Mháire Thaidhg de Pádraig Ó Siochfhradha.

  • An Dealg Droighin (Cló Mercier, 1981)
  • Féar Suaithinseach (Maigh Nuad, 1984)
  • Jimín (teatro infantil, BÁC, 1985)
  • Rogha Dánta/Selected Poems (Raven Arts, 1986, tradución ao inglés de Michael Hartnett)
  • Feis (Maigh Nuad, 1991)
  • Pharaoh's Daughter (1990, traducido por trece poetas irlandeses)
  • The Astrakhan Cloak (1992, traducido ao inglés por Paul Muldoon)
  • Spíonáin is róiseanna (Cló Iar-Chonnachta, 1993)
  • Cead Aighnis (An Sagart, An Daingean, 1998)
  • The Water Horse: Poems in Irish (Gallery, 1999, tradución ao inglés Medbh McGuckian e Eiléan Ní Chuilleanáin)
  • The Fifty Minute Mermaid: Poems in Irish (Gallery, 2007, traducido ao inglés por Paul Muldoon)
  1. Beverly Parayno "Nuala Ní Dhomhnaill" Arquivado 14 de agosto de 2018 en Wayback Machine. Poetry International Web, 1 de decembro de 2006
  2. Bríona Nic Dhiarmada "The Love Poetry of Nuala Ni Dhomhnaill" in (2008) Patricia Coughlan e Tina O'Toole Irish Literature: Feminist Perspectives Dublín:Carysfort Press, p. 125
  3. Patricia Boyle Haberstroh (1996) Women Creating Women: Contemporary Irish Women Poets Syracuse University Press, p. 172
  4. Linda Revie "Nuala Ni Dhomhnaill's 'Parthenogensis'" in Michael Kenneally (1995) Poetry in Contemporary Irish Literature. Colin Smythe, p. 345
  5. "Nuala Ní Dhomhnaill" Poetry Foundation
  6. Mary O'Connor "Breaking the Rules. Nuala Dí Dhomhnaill's Language Strategies" in John C. Hawley (1996) Cross-Addressing: Resistance Literature and Cultural Borders State Universty of New York Press, p. 70
  7. Niall O'Gallagher "Siren's call" The Guardian, 15 de decembro de 2007
  8. Jimín Playography Ireland

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]