Nuevo Estadio de la Victoria

Nuevo Estadio de la Victoria
Partido entre o Real Jaén e o CD Linares
Datos
Coordenadas37°46′32″N 3°46′03″O / 37.775416666667, -3.7675
LocalizaciónXaén, Epaña
Construción
Inauguración29 de agosto de 2001
Estadio
SuperficieCéspede natural
Dimensións107 x 67,5
Capacidade12.600
LocalíaReal Jaén CF
Eventos
  • España-Portugal (2-1) de seleccións sub'21
editar datos en Wikidata ]

O Nuevo Estadio de la Victoria é un estadio de fútbol situado na cidade de Xaén, España. Foi inaugurado o 29 de agosto de 2001, en substitución do antigo estadio de la Victoria. É utilizado polo Real Jaén Club de Fútbol que milita en Segunda División.

Inaugurouse o 29 de agosto de 2001, celebrándose o primeiro partido oficial o 2 de setembro. Ata entón, o Real Jaén disputaba os seus partidos no vello Estadio de la Victoria. O partido inaugural, de Segunda división, enfrontou ao Real Jaén co Poli Ejido, e acabou con vitoria por 3 a 1 do equipo xiennense. O primeiro gol oficial marcado no estadio foi obra de Goran Milošević no minuto 10, no lanzamento dunha falta cometida sobre Jurado no bordo da área. Os outros dous goles do Jaén foron obra de Jurado e Rueda, mentres que o gol ejidense marcouno Cañas.

Pola súa localización nos arredores de Xaén, e polas súas dimensións, o estadio énchese moito menos que o seu predecesor, o que unido á distancia desde as bancadas ao terreo de xogo, fai que o equipo non senta tan arroupado como o fixese no vello estadio.

O seu primeiro aforamento completo produciuse na fase de ascenso a Segunda División de 2009, cando se enfrontou á SD Ponferradina na segunda eliminatoria, gañando por 1 a 0 con gol de Joseba Arriaga, o que supuxo o paso á terceira e última rolda.[1] No seguinte partido, contra o Villarreal B, por primeira vez ampliouse o aforamento con bancadas supletorias ata conseguir 4.650 localidades máis.[2]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. A 180 minutos da gloria Arquivado 12 de xuño de 2009 en Wayback Machine. - www.realjaen.com - Consultado o 7 de xuño de 2009
  2. Haberá gradas supletorias para o domingo Arquivado 19 de xuño de 2009 en Wayback Machine. - www.realjaen.com - Consultado o 17 de xuño de 2009

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]