O Milladoiro | |
---|---|
Parroquia | Biduído |
Concello | Ames |
Coordenadas | 42°50′34″N 8°34′45″O / 42.8428335, -8.5791513 |
Poboación | 12.848 hab. (2018) |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Milladoiro é un núcleo de poboación da parroquia de Biduído, no concello coruñés de Ames. Segundo o INE, no ano 2018 tiña unha poboación de 12.848 habitantes (6.107 homes e 6.741 mulleres), o que supón un aumento con respecto o ano 2006.
O seu topónimo actual ten unha orixe ligada ó culto xacobeo. Antes do século XI cada unha das entradas a Santiago estaba marcada por medio de miliarios romanos. Esta demarcación responde á xurisdición que a igrexa de Santiago tiña sobre o territorio en relación co xiro ou circuíto de peregrinación xacobea. Estes fitos aparecen nomeados como miliarios ata o ano 1 000, palabra que entronca coa latina millia (do numeral mille). Estes nomes, que xa aparecían como O Milladoiro, latinizaronse posteriormente baixo o termo humiliatorium; desta maneira estableceuse unha relación aparente cos termos latinos humilis e Humilitatis.[1] Esta relación etimolóxica parece ser a orixe dun dos ritos da peregrinación, consistente na colocación de pedras nos chamados milladoiros.[1]
A vila está atravesada pola estrada N-550, arredor da cal foi medrando. Na década de 1970 as aldeas de Seidón, A Madalena e O Milladoiro experimentaron un progresivo crecemento como cidades-dormitorio de Santiago de Compostela.
Eclesiasticamente, O Milladoiro constituíuse como parroquia en 2009, segregándose de Biduído.[2]
Lugares da parroquia de Biduído no concello de Ames (A Coruña) | |
---|---|
A Agrela | Biduído de Abaixo | Biduído de Arriba | Casanova | Coira | Costoia | Fraíz | Framil | A Igrexa | O Milladoiro | A Moniña | Paramuíño | Raíces | Ventín |