O aquelarre | |
---|---|
Artista | Francisco de Goya |
Data | 1819 - 1823 |
Técnica | óleo sobre lenzo |
Dimensións | 140 cm × 438 cm |
Localización | Museo do Prado (Madrid) |
O aquelarre ou O gran Cabrón[1] é unha das pinturas ó óleo sobre lenzo que conforman as chamadas Pinturas negras coa que Francisco de Goya decorou os muros da súa casa da Quinta del Sordo. A serie foi pintada entre 1819 e 1823.
Esta obra, xunto co resto das Pinturas negras, foi trasladada de revoco a lenzo, a partir de 1874 por Salvador Martínez Cubells, por encargo do barón Émile d'Erlanger,[2] un banqueiro francés, de orixe alemá, que tiña intención de vendelas na Exposición Universal de París de 1878. Porén, as obras non espertaron a atención de compradores e doounas el mesmo, en 1881, ó Museo do Prado, onde actualmente se expoñen.