O doutor Slump e Arale

O doutor Slump e Arale
Dr.スランプ
(Dokutā Suranpu)
Manga O doutor Slump e Arale
Creado por Akira Toriyama
Editor Shueisha
Publicado en Weekly Shōnen Jump
Primeira edición xaneiro de 1980
Última edición agosto de 1984
Núm. de volumes 18
Anime O doutor Slump e Arale
Dirixido por Tomomi Mochizuki
Tsutomu Shibayama
Estudio Studio Deen
Canle televisiva Fuji Tv
Primeira emisión 15 de abril de 1989
Última emisión 16 de setembro de 1989
Núm. de capítulos 18
Anime O doutor Slump e Arale
Dirixido por Minoru Okazaki
Estudio Toei Animation
Canle televisiva Fuji Tv
Primeira emisión 8 de abril de 1981
Última emisión 19 de febreiro de 1986
Núm. de capítulos 243
Filmes
  • Dr. Slump and Arale-chan: Hello! Wonder Island
  • Dr. Slump: "Hoyoyo!" Space Adventure
  • Dr. Slump and Arale-chan: Hoyoyo, Great Across-the-World Race
  • Dr. Slump and Arale-chan: Hoyoyo! The Treasure of Nanaba Castle
  • Dr. Slump and Arale-chan: Hoyoyo! Dream Capital Mecha Police
  • Dr. Slump and Arale-chan: N-cha! Clear Skies Over Penguin Village
  • Dr. Slump and Arale-chan: N-cha! Love Comes from Penguin Village!
  • Dr. Slump and Arale-chan: Hoyoyo!! Follow the Rescued Shark...
  • Dr. Slump and Arale-chan: N-cha!! Excited Heart of Summer Vacation
Outros
  • Doctor Slump
  • Doctor Slump: Arale's Surprise
  • Dr. Mashirito - Abale-chan
  • Dr. Slump: Dr. Mashirito - Abale-chan

O doutor Slump (Dr.スランプ, Dokutā Suranpu) é un manga e anime xaponés de Akira Toriyama, o creador de Dragon Ball. Cando apareceu o manga nas páxinas da revista Shōnen Jump de Shūeisha en xaneiro de 1980, o seu autor era un descoñecido para o grande público. A aceptación do manga foi tan masiva que o 8 de abril de 1981 se estreou o primeiro episodio da serie de animación, facendo así un novo tempo récord entre a aparición do manga e a realización do anime.

O manga rematou de publicarse en maio de 1985, cun total de 18 volumes. A serie de televisión superou os 240 episodios, rematando o 19 de febreiro de 1986. En 1993, foron retomados tanto o manga coma o anime. Esta vez o manga, agora a cor, foi escrito por Takao Koyama e debuxado por Katsuyoshi Nakatsuru e publicado na revista V-Jump de Shūeisha, rematando este en setembro de 1996. O anime non alcanzou moita popularidade e só contou con 40 episodios exclusivos para o Xapón. Tamén houbo unha segunda temporada (terceira para Xapón), esta vez bastante máis popular, novamente escrita por Takao Koyama pero debuxada por Tadayoshi Yamamuro, saíndo ao aire por primeira vez o 27 de novembro de 1996.

O doutor Slump narra as aventuras do profesor Sembei Norimaki e da súa creación, un robot humanoide con forma de nena de 13 anos chamada Arale Norimaki, quen carece de sentido común e conta cunha forza extraordinaria. A maioría das historias transcorren en Vila Pingüín, onde ningún dos seus habitantes sabe que Arale é, en realidade, un robot. A serie está chea de personaxes de todo tipo, desde un bebé prehistórico alado ata un porco que anuncia que a mañá chegou á vila.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
Cosplay de Arale.

Entre os personaxes máis coñecidos están:

  • Arale Norimaki, máxima protagonista de O doutor Slump, é un androide creado por Sembei Norimaki. Carece de sentido común pero conta cunha forza extrema e unha personalidade moi enerxética e inocente. Tamén ten extraordinarias habilidades en cálculos matemáticos e ninguén en Pengüin Village sabe que se trata dun robot.
  • Sembei Norimaki (ou só profesor), científico xenio (así se declara el mesmo) e inventor. Creador de moitos artefactos enxeñosos para poder axudarse nas súas tarefas diarias. Ten 28 anos e é solteiro. A Arale preséntaa coma a súa irmá pero facilmente pode pasar pola súa filla.
  • Gatchan Norimaki, un bebé con ás, antenas, unha sorprendente voracidade polo metal e outros obxectos e superpoderes máis alá da comprensión, que Sembei Norimaki trouxo do pasado coa súa 'máquina do tempo'. A criatura atopábase dentro dun ovo que despois eclosionou na súa casa. Non se sabe se é neno ou nena xa que non ten ningún órgano reprodutor, pero Arale di que é unha nena xa que pensa que as nenas non teñen nada. Cando non anda xogando por aí con Arale, está con Bazara, Gamera, Axira e outros monstros famosos do cine do Xapón, que aquí aparecen da altura de Arale ou máis pequenos. En realidade Gatchan é un querubín enviado por Deus á Terra, o que explicaría os seus superpoderes, quizais o de comer metal é simplemente outra das bromas do señor Akira Toriyama.
  • Midori Yamabuki, a belísima profesora de Arale e os seus amigos, quen ensina e ama a todos os seus alumnos sen distinción. Malia que en momentos sexa unha muller de carácter, a maioría do tempo deslumbra a todos os homes. Sembei non é un caso á parte. Midori é a muller dos seus soños e durante a serie el fará todo o posible por conquistala ou simplemente pasar tempo con ela. Máis adiante na serie esta relación remata en matrimonio, do cal resulta un neno chamado Turbo que ten superpoderes e tamén pode voar e a pesar de que é basicamente un infante é un xenio (Aparece en Dragon Ball co resto do elenco).
  • Akane Kimidori é a mellor amiga de Arale, ten severos cambios de actitude, é a clásica bromista empedernida e rebelde, argalla plans disparatados que combinan perfectamete co carácter errático de Arale, aínda que moitas veces remata excedéndose coas súas trasnadas e perverte o bo actuar da nena robot e ambas pagan o prezo. Ten unha irmá máis vella, Aoi Kimidori, que ten unha cafetaría chamada Pot con forma de cafeteira.
  • Taro e Peasuke Soramame son dous irmáns fillos dun peiteador de Vila Pingüín, Kurikinton, que aparece constantemente. Taro é algo así como o mozo de Akane pero como é de esperarse é unha relación irremediablemente bizarra e máis que nada unha estraña amizade; o xove, aparenta ser o clásico rapaz rudo e "cool" con lentes de sol e todo, pero en realidade non é máis ca un pelele e un bo suxeito vítima do comportamento das dúas rapazas. Peasuke é o irmán máis novo de Taro, sempre usa un sombreiro de mapache e deixa algo ben claro: polo único motivo polo que non se asusta da súa sombra é porque naceu con ela.
  • Kinoko Sarada, unha nena malcriada de lentes de sol que é sumamente rebelde, ama o seu triciclo de Masked Rider, detesta o anticuado e afirma ser a nena máis moderna de toda Vila Pingüín.
  • Chibil Pipi é un neno diaño amigo de Arale, que sempre fai maldades e anda montado no seu fiel dragón. Dedícase a causar infinidade de desastres por desfrute, pero é sempre cativado pola bondade de Arale. Moita xente opina que a distintiva de Toriyama de incluír parodias está tamén presente aquí, baixo a forma deste pequeno diaño, xa que toda a trama é moi similar á do diaño Mefisto e a súa filla Heckett do anime Ribbon no Kishi creado por Ozamu Tezuka.
  • Donbe é unha trasna raposa amiga de Arale que ten a capacidade de converterse en toda clase de cousas, animais e persoas, e xeralmente métese en problemas por iso.
  • Caramel Man Nº 4 ou Obokaman* Robot que ao principio era inimigo de Arale Norimaki porque o seu creador, Dr. Mashirito, quere conquistar o mundo e Senbei, Gatchan e Arale (consciente ou inconscientemente) non lle deixan. Entón el fixo un robot mozo co mesmo mecanismo de Arale e ao final Mashrito enfádase con el porque Caramel Man Nº 4 se namorou de Arale. Despediuno e púxose Obokaman de Nome, para ser amigo de Arale, Gatchan, Midori e Sembei. Aos 2 días de ser amigos Obokaman namorouse de Arale, pero non se atreve a dicirllo. Unha vez que llo dixo, Arale quedou sen robovitamina A e non o escoitou. Logo de recuperarse, Obokaman nunca se sentiu capaz de dicilo pero quere dicirllo dalgún xeito. Ten un rival, Petisco, que se namorou de Arale a primeira vista.
  • Familia Gorila: Unha familia de gorilas amigos de Arale e os demais. Unha vez confundiron a Sembei co seu pai, que crían que morrera, pero estaba pechado nun sitio e Arale salvouno. A gorila mamá ten 38 fillos pequenos e 1 grande.
  • Caca: Caca que é boa amiga de Arale. Esta sempre lle fai "Txun, Txun"
  • Tsururin Tsun: Unha moza chinesa con poderes sobrenaturais. Taro está namorado dela, pero se a toca o mozo ou ela tócao perde os poderes. Ela mide case o mesmo que Arale.
  • Tsukutsun Tsun: Irmán máis novo de Tsururin (pero moito máis alto que ela) e noivo de Akane. Se lle toca unha moza de verdade se tranforma nun tigre, e só volve ser humano cando lle toca un mozo de verdade.
  • Señores Tsun: Pais de Tsururin e Tsukutsun. O pai conxenia ben con Sembei xa que son caracteres parecidos (ámbolos dous son pervertidos), e tamén é inventor, aínda que non tan orixinal como Sembei. A súa muller ten nome de coche, e non soporta as porcalladas do seu marido.

Os superheroes

[editar | editar a fonte]
  • Ultraman é unha parodia do superheroe xaponés, que en realidade é un neno estraño e con superpoderes, que vai á escola con Arale e por un ou outro motivo sempre está á hora en que amañece en Vila Pingüín, pouco antes de que o sol bocexe e que dous corvos tolos digan algo.
  • Suppaman é unha parodia do Home de Aceiro de DC Comics, que voa pero prefire trasladarse en patineta. Aínda que moitos superheroes non necesitan de ningún tipo de transformación antes de actuar, el si a require. É un home baixo con lentes que viste un supertraxe debaixo da súa roupa ao igual que Clark Kent, pero en vez de ter un cartafol cheo de notas de reporteiro, carga ás costas unha mochiliña de coiro onde leva un frasco de ósos de pexego e cartuchos de dinamita. Arale admírao xa que sempre está disposto a castigar o mal, a loitar pola xustiza e a voar a todo aquel que se burle del.
  • Ao igual que Suppaman, Panzán e o axente secreto foron construídos en base a un sistema de parodia. Un é o "insuperable e poderoso Rei da Selva", aínda que en realidade non é insuperable, xa que Arale sempre o vence. E o outro é o superaxente secreto que en realidade é un "super-recolector" e un axente de salubridade.

Vila Pingüín

[editar | editar a fonte]

Vila Pingüín é a vila ficticia onde transcorren a maioría das historias do Doutor Slump.

Características

[editar | editar a fonte]

Situado nunha illa ficticia, chamada Gengoro (ゲンゴロウ島 Gengorō Tō?), de terreo montañoso. Leva unha mestura de riscos xaponeses e tropicais. Conta cunha estación de policía, un banco, unha escola (onde non se estuda, só se asiste), un hospital, un zoolóxico, unha cafetería, unha barbería (onde traballa a familia Soramame) e outras tendas comerciais; ademais das vivendas.

A súa poboación fixa é de 50 habitantes e outros tantos ocasionais. Poboado por humanos e animais humanoides. Tamén se poden encontrar animais con características prehistóricas e outros tipos de humanoides (inclusive o Sol, a Lúa e a Terra chegan a aparecer como humanoides).

A música

[editar | editar a fonte]

Aínda que se emitiron as cancións orixinais en galego que aquí se indican durante a estrea da serie, na súa reemisión nos noventa estas foron obviadas.

  • Inicio 1 (Son Arale!)

"Son Arale o meu segredo é ser robot.
Con bitbitbitbitbit chea estou de chips.
E cos meus circuítos que son tan bos.
Vinde a Vila Pingüín a vivir con nós.
O sol limpa os dentes e o porco é falador.
O Doutor Slump aquí está, é un home xenial.
..."

  • Final 1 (Are Are Arale)

"Nenos adeus, ata mañá!
Durmide ben, ben, bin, ban, bun, bun.
Prométovos, que hei voltar.
Co Doutor Slump.
Aquí está Taro, mais Akane e o Doutor tamén.
Eu pinteinos porque están no meu corazón.
..."

  • Estudio:
  • Elenco da dobraxe:
Personaxe Dobraxe ó galego Voz orixinal xaponesa
Doutor Slump Antón Rubal (eps. 1-25) / Gustavo Pernas / Andrés Bellas Kenji Utsumi
Arale Marica Figueiras Mami Koyama
Sopamán Fermín Encinar / Xosé Manuel Rodríguez Tesho Genda
Taro Soramame César Cambeiro / Sergio Rodríguez Toshio Furukawa
Akane Kimidori Teresa Santamaría Naomi Jinbo
Midori Yamabuki Luisa Merelas Mariko Mukai
Director da Escola Joaquín Lens Tetsuo Mizotori
Pesuke Soramame Carolina Vázquez Naomi Jinbo
Tsukutsun Tsun ? Shigeru Chiba
Tsururin Tsun ? ?
Tsuruten Tsun Tuto Vázquez ?

Transmisións

[editar | editar a fonte]

En Cataluña, a televisión autonómica catalá TV3 foi a primeira en emitir esta serie en catalán, a mediados da década de 1980. Tamén a emitiu a televisión autonómica valenciana Canal 9, a televisión pública vasca ETB 1 en éuscaro e en Galicia a Televisión de Galicia en galego emitiuna por vez primeira sobre o ano 1986, e entre finais de 1995 e principios de 1999 foi reemitida asiduamente.

En América do Sur, a canle arxentina Magic Kids pasou varios capítulos desde finais do 2001 a mediados 2005, e retransmitiu uns cantos antes da súa bancarrota en 2006. En Chile, a serie foi emitida por Mega, logo Chilevisión durante o seu programa Tigritos, UCV TV no seu programa Pipiripao (última etapa) e a canle de cable etc...TV. En México, o Canal *5 deu unha repetición dos seus capítulos no 2005, a cal non durou moito e foi substituída por outra animación.

En Hong Kong, a serie de anime emitiuse por primeira vez na canle de televisión de Hong Kong, TVB, na década de 1980. A serie de anime volveuse a emitir en TVB J2 entre finais da década de 2000 e principios da década de 2010. Algúns dos episodios non foron traducidos e emitidos durante a primeira emisión do programa, ata que en 2011 eses episodios finalmente foron traducidos e emitidos en TVB J2, pero nunha franxa horaria nocturna.[1]

  1. "「曳曳」 博士". Singtao Daily (en chinés). 2011-05-03. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]