O señor das moscas | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Lord of the Flies |
Director | Harry Hook |
Produtor | Lewis M. Allen |
Guión | Sarah Schiff |
Baseado en | O señor das moscas de William Golding Rite of Spring de Igor Stravinskii |
Intérpretes | Balthazar Getty Chris Furrh Danuel Pipoly James Badge Dale Andrew Taft Edward Taft |
Música | Philippe Sarde |
Fotografía | Martin Fuhrer |
Montaxe | Harry Hook |
Estudio | Castle Rock Entertainment |
Distribuidora | Columbia Pictures Metro-Goldwyn-Mayer |
Estrea | 16 de marzo de 1990 4 de marzo de 2000 (TVG) |
Duración | 90 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Aventuras, Drama |
Recadación | $13 985 225[1] |
Na rede | |
http://www.mgm.com/view/movie/1145/Lord-of-the-Flies/ | |
O señor das moscas (en inglés: Lord of the Flies) é un filme estadounidense dirixido por Harry Hook que se estreou en 1990. Adaptación da novela O señor das moscas do premio Nobel de literatura William Golding.
Estreouse en galego o 4 de marzo de 2000 a través da TVG.[2]
Con motivo dunha guerra, os nenos dunha rexión inglesa son evacuados en avión. Un dos aparatos sofre unha avaría e cae ó mar, cerca dunha illa deserta. Os nenos superviventes chegan á illa, levando consigo o piloto que está malferido. En tal circunstancia, non terán máis remedio que organizarse se queren sobrevivir.