O diagrama ilustra a distribución dos TNO coñecidos. Os obxectos resoantes aparecen en vermello. As resonancias con Neptuno aparecen sinaladas con barras verticais; 1:1 sinala a posición da órbita de Neptuno e os seus troianos, 2:3 sinala a órbita de Plutón e os plutinos e 1:2, 2:5 etc. Sinalan familias máis pequenas.
As designacións 2:3 ou 3:2 refírense á mesma resonancia. Non hai ambigüidade porque por definición os obxectos transneptunianos teñen períodos máis longos que Neptuno.
As análises detalladas e os estudos numéricos das resonancias de Neptuno indican que os obxectos deben ter un rango preciso de enerxías.[2][3] Se o semiexe maior do obxecto está fóra dese rango a órbita vólvese caótica.
Entre os obxectos transneptunianos descubertos, máis do 10% están en resonancia 2:3, máis do que se esperaría dunha distribución aleatoria. Crese que os obxectos foron atrapados de distancias maiores durante a migración de Neptuno.[4]
A resonancia 2:3 a 39.4 UA é a categoría dominante dos obxectos resoantes, con 92 confirmados e 104 posibles.[5] Os obxectos que seguen estas órbitas denomínanse plutinos por Plutón, primeiro corpo descuberto con esta característica. Os maiores inclúen:[6]
En outubro de 2008 coñecíanse 20 obxectos a 43.7 UA. Os obxectos son bastante pequenos e a maioría segue órbitas próximas á eclíptica. Entre eles están:[6]
Esta resonancia a 47.8 UA adoita considerarse fóra do cinto de Kuiper e ocasionalmente chámase a estes obxectos twotinos. Teñen inclinacións menores de 15 graos e excentricidades moderadas (0.1 < e < 0.3).[7] En outubro de 2008 coñecíanse catorce, máis considérase que orixinariamente a súa poboación era tan numerosa coma a dos plutinos.[7]
Algúns obxectos descubertos seguen órbitas cun semieixe maior semellante ao de Neptuno, preto dos puntos de LagrangeSol-Neptuno. Son os troianos de Neptuno, termo análogo aos troianos de Xúpiter, que están en resonancia 1:1 con Neptuno, e dos que en outubro de 2012 se coñecían nove, tres na área L5 e o resto na rexión L4.[18]
↑Hahn J. Malhotra R.Neptune's migration into a stirred-up Kuiper Belt The Astronomical Journal, 130, páx. 2392-2414, novembro de 2005.Full text on arXiv.
↑Malhotra, Renu The Phase Space Structure Near Neptune Resonances in the Kuiper Belt. Astronomical Journal v. 111, páx. 504 preprint
↑E. I. Chiang and A. B. Jordan, On the Plutinos and Twotinos of the Kuiper Belt, The Astronomical Journal, 124 (2002), páx. 3430–3444. (html)
↑Renu Malhotra, The Origin of Pluto's Orbit: Implications for the Solar System Beyond Neptune, The Astronomical Journal, 110 (1995), páx. 420 Preprint.
John K. Davies and Luis H. Barrera, ed. (2004-08-03). The First Decadal Review of the Edgeworth-Kuiper Belt. Springer. ISBN1-4020-1781-2.
E. I. Chiang, J. R. Lovering, R. L. Millis, M. W. Buie, L. H. Wasserman, and K. J. Meech (June 2003). "Resonant and Secular Families of the Kuiper Belt". Earth, Moon, and Planets (Springer Netherlands) 92 (1–4): 49–62. Bibcode:2003EM&P...92...49C. doi:10.1023/B:MOON.0000031924.20073.d0.