Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1937 (86/87 anos) Nixeria |
Cor dos ollos | Castaño escuro |
Cor do pelo | Pelo negro |
Actividade | |
Campo de traballo | Médico |
Ocupación | médica |
Premios | |
Olayinka Koso-Thomas, nada en Abeokuta en 1937 é unha médica xinecóloga e activista social nixeriana.
Koso-Thomas naceu en Nixeria, mais adoptou Serra Leoa como lugar de residencia. Estudou medicina na Leeds Medical School en Inglaterra e un curso de posgraduado na Universidade de Berkeley.
Traballa en favor da abolición da mutilación xenital femenina ou ablación de clítoris, o que provocou que estea ameazada de morte por diversos grupos de fanáticos relixiosos. Membro de diferentes asociacións médicas, presidiu o Comité Interafricano sobre as Prácticas Tradicionais que afectan a saúde das mulleres e da infancia.[1]
En 1998 foi galardoada co Premio Princesa de Asturias de Cooperación Internacional xunto con Fatiha Boudiaf, Rigoberta Menchú, Fatana Ishaq Gailani, Somaly Mam, Emma Bonino e Graça Machel polo "seu traballo en defensa e pola dignidade da muller".[2]
Recibiu o título de Doutora Honoris Causa pola UNAM.[3]
A Galipedia ten un portal sobre: Muller |