Olga Guillot

Modelo:BiografíaOlga Guillot

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento9 de outubro de 1922 Editar o valor en Wikidata
Santiago de Cuba Editar o valor en Wikidata
Morte12 de xullo de 2010 Editar o valor en Wikidata (87 anos)
Miami Beach, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz, cantante, música Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1945 Editar o valor en Wikidata -
TesituraContralto Editar o valor en Wikidata

InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteDictionary of Caribbean and Afro–Latin American Biography (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0347169 Allmovie: p127099
BNE: XX870660 Musicbrainz: f243f5d1-66ae-41ff-b54d-a825c5d18d6a Discogs: 1188646 Allmusic: mn0000394555 Find a Grave: 55145316 Editar o valor en Wikidata

Olga Guillot, nada en Santiago de Cuba o 9 de outubro de 1922 e finada en Miami (Florida) o 12 de xullo de 2010[1], foi unha cantante cubana de boleros. Era coñecida co alcume de La reina del bolero.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

De nova mudouse coa súa familia á Habana, onde formou coa súa irmá Ana Luisa o dúo Hermanitas Guillot, presentado con éxito no programa de radio La Corte Suprema del Arte. En 1938 iniciou a súa formación musical coa soprano Hortensia Cohalla e o cantante Mariano Meléndez.

A comezos da década de 1940 formou parte como segunda voz do cuarteto Siboney, dirixido pola compositora Isolina Carrillo. O pianista Facundo Rivero, que tamén formou parte do cuarteto, descubriu as posibilidades de Olga como solista e a fixo debutar no Zombie Club da Habana en 1945. En 1946 gravou a versión en castelán de "Stormy weather", popularizada por personalidades como Billie Holiday, coa que acadou grande éxito. Ese mesmo ano foi seleccionada pola Asociación de Críticos como a cantante máis destacada de Cuba, o que lle serviu para que Miguelito Valdés a levase a Nova York a gravar para o selo Decca Records.

En 1948 o tenor René Cabell levouna a México, onde filmou a súa primeira película: La venus de fuego, xunto a Meche Barba. Tamén gravou algunhas pezas musicais acompañada da orquestra de Gonzalo Curiel.

En 1952 e 1953 percorreu case toda Latinoamérica e gravou co apoio do pianista e compositor Juan Bruno Terraza. En 1954 firmou contrato de exclusividade co selo Puchito e gravou "Miénteme", do mexicano Chamaco Domínguez. En 1957 regresou a México, acadando sona co bolero "Tú me acostumbraste", de Frank Domínguez. Tamén gravou para Musart, acompañada por José Sabre Marroquín. En 1958 viaxou a Europa e actuou no Palm Beach Casino de Cannes.

En 1961, por mor da súa oposición á revolución cubana, abandonou a illa e trasladouse a Venezuela, para posteriormente asentarse en México de forma definitiva. Ese mesmo ano recibiu o disco de brillante polas súas altas vendas, as maiores en Cuba de 1954 a 1960. En 1963 a Academia de Artes John F. Kennedy de Hollywood concedeulle o premio Palmas de Ouro como a mellor bolerista latinoamericana.

Recoñecida xa como unha gran figura, o 31 de outubro de 1964 realizou o seu primeiro e histórico concerto no Carnegie Hall de Nova York, sendo a primeira artista de fala hispana en actuar nese prestixioso teatro. Ese mesmo ano o compositor mexicano Luis Demetrio compuxo para a súa voz o bolero "Voy".

Cantou tamén xunto a Los Panchos e triunfou en España. Levou "Adoro", de Armando Manzanero, á fama mundial. Gravou o tema "Me muero, me muero", da mexicana Lolita de la Colina, coa que foi considerada "pioneira da canción erótica".

Discografía

[editar | editar a fonte]
  • Sus primeros éxitos (1946)
  • Olga Guillot (1954)
  • Romance y melodía (1956)
  • Olga Guillot (1957)
  • Intimidades (1958)
  • Creaciones de la Guillot (1958)
  • Olga en México (1959)
  • Olga de Cuba (1960)
  • Comunicando (1961)
  • Olga (1961)
  • Canciones de María Grever (1962)
  • Temperamental (1963)
  • Lo mejor de Olga Guillot (1963)
  • La Insuperable Olga (1964)
  • Añorando el Caribe (1964)
  • 12 éxitos románticos (1964)
  • Más éxitos románticos (1965)
  • Y siguieron los éxitos (1966)
  • Bravo (1967)
  • Adoro & Celoso (1967)
  • Olga le canta a América (1968)
  • Olga Guillot interpreta a Manzanero (1968)
  • Olga Guillot Volumen 14 (1969)
  • La mujer que te ama (1970)
  • ¿Quién da más? (1971)
  • Y ahora... Olga (1972)
  • Se me olvidó otra vez (1976)
  • Lo nuevo de Olga (1978)
  • Para mi público (1982)
  • Faltaba yo (2001)
  1. Falece aos 87 anos a cantante Olga Guillot Arquivado 15 de xullo de 2010 en Wayback Machine., nova en Xornal de Galicia, o 14 de xullo de 2010.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]