Biografía | ||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (fr) Olivier Jean Marie Fernand Gendebien 12 de xaneiro de 1924 Bruxelas, Bélxica | |||||||||||||||||||||||||
Morte | 2 de outubro de 1998 (74 anos) Tarascon, Francia | |||||||||||||||||||||||||
Lugar de sepultura | cemetery of Saint-Rémy-de-Provence (en) | |||||||||||||||||||||||||
Actividade | ||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | piloto de Fórmula Un (1955–1961), piloto de rally, piloto de automobilismo | |||||||||||||||||||||||||
Deporte | rally Fórmula 1 | |||||||||||||||||||||||||
| ||||||||||||||||||||||||||
Participou en | ||||||||||||||||||||||||||
24 Horas de Le Mans | ||||||||||||||||||||||||||
Familia | ||||||||||||||||||||||||||
Familia | Gendebien family (en) | |||||||||||||||||||||||||
Olivier Gendebien nado o 12 de xaneiro de 1924 e finado o 2 de outubro de 1998. Foi un piloto de carreiras belga considerado "un dos máis grandes corredores de sportscar de todos os tempos".[1]
Gendebien participou cun coche deportivo Veritas no Grand Prix des Frontières de 1955 en Liexa. Con todo, tras esta carreira cambiou o seu, e asociouse con Fraikin para competir en carreiras de rally cun Jaguar.[2] Xunto con Pierre Stasse, Gendebien gañou a sexta carreira do Tulip Rally de Zandvoort en abril de 1954. O seu coche era un Alfa Romeo 1900 TI.[3][4] A asociación Gendebien e Fraiken gañou o alcume de "os eternos damas de honra", debido ao seu número de segundos postos, pero logo de dous intentos triunfaron no Rally Liexa-Roma-Liexa, a Coppa d'Oro delle Dolomiti e o Rally Stella Alpina en 1955, pilotando un Mercedes-Benz 300SL.
O éxito de Gendebien en competicións de rally chamou á atención de Enzo Ferrari, que lle ofreceu un contrato para pilotar un Ferrari en carreiras de autos deportivos e nos Grandes Premios. Moi respectado como un verdadeiro cabaleiro por todos os que o coñeceron, seguiu sendo membro do equipo Ferrari ata que se retirou da competición. Enzo Ferrari resumiuno como "un cabaleiro que nunca se esquece de que Nobreza obriga e, cando está ao volante, traduce este código de conduta nun elegante e esixente vigor".[1]
Durante a súa carreira, competiu soamente en 15 carreiras de Fórmula Un porque a maioría das veces era o piloto de recambio de Ferrari, participando só ocasionalmente. con todo, anotou puntos en cinco carreiras, e quedou a só unha posición de acabar nos puntos noutras dúas ocasións.
Fixo o seu debut no Gran Premio da Arxentina de 1956, co equipo Ferrari, pero foi durante a tempada de 1960 co equipo Yeoman Credit Racing de British Racing Partnership cando Gendebien marcou os seus mellores resultados, logrou o segundo lugar no Gran Premio de Francia de 1960 e o terceiro fronte ao seu público no Gran Premio de Bélxica de 1960.
O segundo deles foi un éxito un tanto agridoce, o compañeiro de equipo de Gendebien nese momento, Chris Bristow, morreu nun accidente durante a carreira.
Gendebien sufriu feridas leves en outubro de 1961 logo de que o seu Lotus - Climax non lograra negociar un xiro durante a práctica para o Gran Premio dos Estados Unidos de 1961 en Watkins Glen, Nova York. O coche envorcou e os zapatos de Gendebien foron arrincadas polo impacto.[5]
Con todo, foi nas carreiras de autos deportivos, en particular as de longa distancia e as probas de resistencia, onde Gendebien destacou. Pilotou un Ferrari de 2.5 litros, Gendebien asociouse con Maurice Trintignant para lograr o terceiro lugar nas 24 Horas de Le Mans de 1956. Quedaron sete voltas detrás dos gañadores, o Ecurie Ecosse Jaguar privado pilotado por Ron Flockhart e Ninian Sanderson.[6] O Gran Premio de Buenos Aires de 1958 foi un evento de 1000 quilómetros no que Gendebien emparellado con Wolfgang von Trips. Terminaron segundos tralos seus compañeiros en Ferrari, a parella Phil Hill e Peter Collins. Na carreira arxentina o piloto de Maserati, Jorge Magnasco, morreu despois de que o seu coche derrapara e envorcara.[7]
O mesmo ano asociado con Hill gañou as prestixiosas 24 Horas de Le Mans. A súa vitoria chegou nun Ferrari de 3 litros e asegurou o Campionato Mundial Sportscar para a fábrica de Ferrari. Cubriron 4.041 quilómetros cunha velocidade media de 172 km. por hora. Hill converteuse no primeiro estadounidense en gañar o evento e o seu Ferrari foi o único coche patrocinado pola fábrica que chegou ao final.[8] Os pilotos de Ferrari lograron as tres primeiras posicións na conclusión das 24 Horas de Le Mans de 1961 e, gañaron de novo o ano seguinte, Hill e Gendebien foron primeiros, cunha media de 185 quilómetros por hora, e establecendo a marca da carreira.[9] O dúo encaixaba perfectamente e xuntos gañaron a carreira de Le Mans tres veces en total (1958, 1961 e 1962), Gendebien gañouno catro veces, asociado co seu compatriota belga Paul Frère gañounas tamén en 1960. A marca de vitorias de Gendebien en Le Mans non foi superada ata 1981, cando o seu compatriota belga Jacky Ickx gañouno por quinta vez.
Lonxe de Circuíto da Sarthe, Gendebien tamén triunfou na Targa Florio (1958, 1961, 1962), as 12 Horas de Sebring (1959, 1960, 1961), as 12 Horas de Reims (1957, 1958) e os 1000 km de Nürburgring (1962). Cando se lle preguntou pola clave para gañar como piloto de carreiras, Gendebien respondeu: "É unha cuestión de tomar as curvas un pouco máis rápido do que un quere."[10] Tamén gañou a Copa Dolomitas, unha carreira de coches deportivos dunha volta que tivo lugar nun circuíto de 302´5 quilómetros nas montañas Dolomitas en Italia.
Casado e con tres fillos, a esposa de Gendebien presionouno para deixar o perigoso deporte das carreiras de automóbiles, onde máis de dúas ducias dos seus competidores morrera ao volante. Aos 38 anos de idade, en 1962 Olivier Gendebien retirouse logo da súa cuarta vitoria en Le Mans. Economicamente independentemente, foi un gran esquiador, xogador de tenis, e xinete ecuestre, dedicou o resto da súa vida a participar en diversos negocios. En 1998 O rei Alberte II concedeulle a Orde da Coroa.
Olivier Gendebien morreu en 1998 na súa casa de Les Baux-de-Provence no sur de Francia.
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | Pos. | Pts. |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1955 | Equipe Nationale Belge | Ferrari 625 | Ferrari 4 en liña | ARX | MON | 500 | BEL NCG |
NED | GBR | ITA | NC | 0 | ||||
1956 | Scuderia Ferrari | Ferrari 555 | Ferrari L4 | ARX 5 |
MON | 500 | BEL | 23º | 2 | |||||||
Lancia-Ferrari D50 | Lancia V8 | FRA Ret |
GBR NCG |
ALE | ITA | |||||||||||
1958 | Scuderia Ferrari | Ferrari Dino 246 | Ferrari V6 | ARX | MON | NED | 500 | BEL 6 |
FRA | GBR | ALE | POR | ITA Ret |
MAR Ret |
NC | 0 |
1959 | Scuderia Ferrari | Ferrari Dino 246 | Ferrari V6 | MON | 500 | NED | FRA 4 |
GBR | ALE | POR | ITA 6 |
USA | 15º | 3 | ||
1960 | Scuderia Ferrari | Ferrari Dino 246 | Ferrari V6 | ARX NCG |
MON | 500 | NED | 6º | 10 | |||||||
Yeoman Credit Racing Team | Cooper T51 | Climax L4 | BEL 3 |
FRA 2 |
GBR 9 |
POR 7 |
ITA | USA 12 |
||||||||
1961 | Equipe Nationale Belge | Emeryson Mk2 | Maserati L4 | MON NSC |
NED | 14º | 3 | |||||||||
Scuderia Ferrari | Ferrari 156 | Ferrari V6 | BEL 4 |
FRA | GBR | ALE | ITA | |||||||||
UDT-Laystall Racing Team | Lotus 18/21 | Climax L4 | USA 11 |
(key) (Carreiras en negra indican pole position) (Carreiras en italica indican volta rápida)
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1956 | Scuderia Ferrari | Ferrari 555 | Ferrari | BUE 6 |
GLV | SYR | AIN | INT | NAP | 100 | VNW | CAE | SUS | BRH | ||||||||||
1957 | Scuderia Ferrari | Lancia D50 | Lancia V8 | BUE | SYR | PAU | GLV | NAP | RMS Ret |
CAE | INT | MOD | MAR | |||||||||||
1961 | Equipe Nationale Belge | Emeryson Mk2 | Maserati L4 | LOM | GLV | PAU Ret |
BRX Ret |
VIE | AIN | SYR | NAP | LON | SIL | SOL NCG |
KAN | DAN | MOD | FLG | OUL | LEW | VAL | RAN | NAT | RSA |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Olivier Gendebien |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |