Ollie está perdido | |
---|---|
Creado por | William Joyce e Shannon Tindle |
Dirixido por | Peter Ramsey |
País de orixe | Estados Unidos e o Canadá |
Lingua(s) | V.O. en inglés, dobraxe en galego e outras linguas |
Episodios | 4 |
Produción | |
Produtor(es) | 21 Laps entertainment e Industrial Light & Magic |
Duración | 50' cada epidosio |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | Netflix |
Primeiro episodio | 24 de agosto de 2022 |
Na rede | |
https://www.netflix.com/watch/80126490 | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Ollie está perdido[1] (en inglés: Lost Ollie) é unha serie de televisión estadounidense creada por Shannon Tindle que combina animación por ordenador con imaxe real. A serie está baseada no libro infantil Ollie's Odyssey de 2016 de William Joyce. Foi estreada en Netflix o 24 de agosto de 2022,[2] onde conta con versión dobrada e subtitulada en galego.[3]
Lost Ollie trata dun xoguete abandonado que percorre un camiño por diversas localizacións en busca do neno que perdeu moito máis que un mellor amigo.[4]
Voces orixinais en inglés:
A versión en galego foi realizada por SDI Media, traducida por Manuel Arca Castro e dirixida por Gonzalo Faílde.
O 6 de outubro de 2020, o director de Netflix Teddy Biaselli revelou que a plataforma adquirira o proxecto Lost Ollie e que a serie levaba en produción desde 2016.[5] O 9 de marzo de 2021, Jonathan Groff foi elixido para o papel principal, xunto coas voces de Mary J. Blige, Tim Blake Nelson, Gina Rodríguez, Jake Johnson e Kesler Talbot. A produción comezou en Vancouver.[6] [7]
A rodaxe principal da serie comezou o 1 de febreiro de 2021 e tivo lugar dentro e fóra de College Park Elementary en Port Moody, na Metro Vancouver, Columbia Británica. Segundo Production Weekly, a rodaxe concluíu en marzo de 2021.[8]