Nome | Olímpico Rugby Club | ||
---|---|---|---|
Fundación | 1963 | ||
Sede | Pozuelo de Alarcón | ||
Estadio(s) | Valle de las Cañas | ||
Capacidade | 735 asentos espectadores | ||
Presidente | Ignacio del Olmo | ||
Liga(s) | División de Honra B | ||
2014-15 | 4º | ||
| |||
Na rede | |||
http://www.olimpicorugby.com/ |
O Olímpico Rugby Club é unha entidade deportiva adicada ó rugby con sede en Pozuelo de Alarcón (Comunidade de Madrid). O equipo masculino compite na División de Honra B e o equipo feminino é o vixente campión da División de Honra.
O club foi fundado en Madrid na tempada 1963/64, sendo bautizado como "Olímpico 64" por mor dos Xogos Olímpicos dese ano. En 1974 o Olímpico deixou Madrid por Leganés, e mudou de fogar novamente en 1976 para establecerse definitivamente en Pozuelo de Alarcón. Na tempada 1976/77 participou por primeira vez na máxima categoría do rugby español. En total foron seis tempadas na División de Honra, con varios ascensos e descensos de categoría até a última presenza do equipo na elite do rugby nacional na tempada 1990/91. O éxito máis salientable do Olímpico durante eses anos foi a vitoria na final da Copa do Rei na tempada 1986-87.
O equipo feminino foi subcampión da Copa da Raíña tres anos seguidos entre 2005 e 2007. Despois dun novo subcampionato de liga na tempada 2012/13, o Olímpico acadou por fin o campionato da División de Honra feminina en 2013/14 derrotando na final ó CRAT de A Coruña. A mesma final disputada en 2017 rematou co segundo título de liga para o conxunto de Pozuelo.
POSTO | EQUIPO | PUNTOS | XOG | GAÑ | EMP | PER | |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1º. | CUARTOS DE FINAL | Ciencias | 5 | 1 | 1 | 0 | 0 |
2º. | CUARTOS DE FINAL | Industriales | 5 | 1 | 1 | 0 | 0 |
3º. | CUARTOS DE FINAL | Liceo Francés | 5 | 1 | 1 | 0 | 0 |
4º. | PERMANENCIA | Arquitectura | 5 | 1 | 1 | 0 | 0 |
5º. | PERMANENCIA | Jaén | 5 | 1 | 1 | 0 | 0 |
6º. | PERMANENCIA | Marbella | 5 | 1 | 1 | 0 | 0 |
7º. | PERMANENCIA | Cisneros B | 1 | 1 | 0 | 0 | 1 |
8º. | PERMANENCIA | Almería | 0 | 1 | 0 | 0 | 1 |
9º. | PERMANENCIA | Alcobendas B | 0 | 1 | 0 | 0 | 1 |
10º. | PERMANENCIA | Olímpico | 0 | 1 | 0 | 0 | 1 |
11º. | PROMOCIÓN | CRC | 0 | 1 | 0 | 0 | 1 |
12º. | DESCENSO | Cáceres | 0 | 1 | 0 | 0 | 1 |