A Orquestra Sinfónica de Islandia (ISO), en islandés Sinfóníuhljómsveit Íslands, é unha orquestra cuxa sede se encontra en Reikiavik, a capital de Islandia.
É unha entidade autónoma pública que funciona baixo o auspicio do Ministerio de Educación de Islandia.
A Orquestra Sinfónica de Islandia fundouse oficialmente en 1950, ofrecendo o seu primeiro concerto o 9 de marzo dese ano, cun conxunto de 39 músicos. Entre 1961 e 2011 actuou no auditorio Háskólabíó. En 2011 cambiouse ao auditorio Harpa. Ofrece arredor de 60 concertos por temporada. A orquestra actuou tamén noutros países de Europa e Norteamérica.[1]