Os amigos de Peter | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Peter's Friends |
Director | Kenneth Branagh |
Produtor | Kenneth Branagh |
Guión | Rita Rudner Martin Bergman |
Intérpretes | Stephen Fry Kenneth Branagh Emma Thompson Hugh Laurie Imelda Staunton Tony Slattery Phyllida Law |
Fotografía | Roger Lanser |
Montaxe | Andrew Marcus |
Estudio | Channel Four Films |
Distribuidora | Samuel Goldwyn Company |
Estrea | ![]() ![]() |
Duración | 101 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Drama, Comedia |
Orzamento | $5 000 000 |
Recadación | $4 058 564 (USA) |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Os amigos de Peter (en inglés: Peter's Friends) é un filme británico dirixido por Kenneth Branagh que se estreou en 1992. Estreouse en galego na TVG o 11 de xullo de 2000.[1]
Peter (Stephen Fry) convida os seus mellores amigos, ós que non ve dende hai dez anos, a festexa-la Noitevella na súa mansión: son os amigos entrañábeis do colexio, cos que representaba obras de teatro e revistas musicais. Xuntos, divírtense, pero tamén saen a relucir os seus problemas, os seus soños e esperanzas rotos, pero o que ningún imaxina é a sorpresa que Peter lles ten agochada para o final da festa.