Os cabaleiros do rei Artur | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Knights of the Round Table |
Director | Richard Thorpe |
Produtor | Pandro S. Berman |
Guión | |
Baseado en | Le Morte D'Arthur de Thomas Malory |
Intérpretes | |
Música | Miklós Rózsa |
Fotografía | |
Montaxe | Frank Clarke |
Distribuidora | Metro-Goldwyn-Mayer |
Estrea | 22 de decembro de 1953 4 de agosto de 1989 (TVG) |
Duración | 115 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Aventuras |
Orzamento | $2 600 000[1] |
Recadación | $8 100 000[1][2] |
Na rede | |
Os cabaleiros do rei Artur (en inglés: Knights of the Round Table) é un filme estadounidense de 1953 dirixido por Richard Thorpe e producido por Pandro S. Berman. Foi o primeiro filme en CinemaScope feito por Metro-Goldwyn-Mayer. O guión é obra de Talbot Jennings, Jan Lustig e Noel Langley a partir da obra Le Morte d'Arthur de Thomas Malory, publicada por vez primeira en 1485 por William Caxton.
Estreouse en galego baixo o título Os cabaleiros da táboa redonda o 4 de agosto de 1989, a través da TVG,[3] e co título Os cabaleiros do rei Artur o 22 de decembro de 2007.[4]