Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1488 (Gregoriano) Maguncia (Sacro Imperio Romano Xermánico) |
Morte | 1534 (Gregoriano) (45/46 anos) Berna (Antiga Confederación Suíza) |
Relixión | Luteranismo |
Educación | Universidade de Maguncia Universidade de Basilea |
Actividade | |
Campo de traballo | Teoloxía |
Ocupación | biólogo, farmacéutico, profesor universitario, entomólogo, teólogo, botánico, médico |
Orde relixiosa | Orde dos Cartuxos |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | Brunfels |
Descrito pola fonte | Allgemeine Deutsche Biographie (pt) Obálky knih, Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Otto Brunfels (ou Otho Braunfels, ou Othon Brunfels), nado preto de Maguncia (Alemaña) contra 1488 e finado en Berna (Suíza) o 25 de novembro de 1534, foi un teólogo, humanista, médico e botánico alemán. Carl von Linné considerábao como un dos pais da botánica, se ben non tivo moito en conta os botánicos antigos.
Despois de estudar teoloxía e filosofía na universidade de Maguncia, Brunfels ingresou nun mosteiro Cartuxo en Maguncia, desprazándose máis tarde a outro en Königshofen, cerca de Estrasburgo. En Estrasburgo estableceu contacto, en 1519), cun veterano avogado, Nikolaus Gerbel, que dirixiu a atención de Brunfels cara aos poderes curativos das plantas, polo que impulsou as súas posteriores investigacións botánicas.
Despois da súa conversión ao protestantismo (foi apoiado por Franz von Sickingen e Ulrich von Hutten), ante a insistencia do Deán de Frankfurt Johann Indagine, Brunfels se converteu en ministro en Steinau an der Straße (1521) e despois en Núremberg e Rin. Máis tarde serviu durante oito anos como cabeza do colexio Carmelita en Estrasburgo.
Na lista das máis importantes obras heréticas publicadas por orde do Emperador Carlos V pola universidade de Lovaina, en 1550, Brunfels foi colocado en primeiro lugar.
Nun dos seus traballos defendeu a Ulrich von Hutten contra Erasmo de Rotterdam e publicou os manuscritos heréticos de Jan Hus. O libro Catalogi virorum illustrium, escrito por Brunfel en 1527 está considerado como o primeiro libro na historia da Igrexa evanxélica.
Despois de que o seu amigo Ulrich von Hutten falecera en 1523, as súas ideas relixiosas centráronse nunha controversia con Martiño Lutero e Ulrich Zwingli.
Logo comezou os estudos de medicina na universidade de Basilea 1530. En 1532 empezou a traballar como físico (médico) en Berna, onde permaneceu até o final da súa vida.
Despois dos seus numerosos traballos teolóxicos, Brunfels publicou tratados de pedagoxía, lingua árabe, farmacia e botánica.
A abreviatura Brunfels emprégase para indicar a Otto Brunfels como autoridade na descrición e clasificación científica dos vexetais.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Otto Brunfels |