Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de abril de 1928 Bad Laasphe (República de Weimar) |
Morte | 17 de xullo de 2014 (86 anos) Berlín, Alemaña |
Educación | Universidade de Colonia (1953–1957) Kunstakademie Düsseldorf (en) (1950–1953) |
Actividade | |
Campo de traballo | Arte cinética |
Lugar de traballo | Düsseldorf Cambridge |
Ocupación | escultor, pintor, debuxante |
Período de actividade | 1955 - 2014 |
Empregador | Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts |
Membro de | |
Movemento | Zero (en) |
Representante | Sperone Westwater Gallery (en) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Arquivos en | |
Familia | |
Cónxuxe | Elizabeth Goldring-Piene |
Fillos | Chloe Piene |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Otto Piene, nado en Laasphe o 18 de abril de 1928 e finado en Berlín o 17 de xullo de 2014,[1] foi un pintor e escultor alemán.
Otto Piene creceu en Lübbecke. Entre 1949 e 1953, estudou pintura na Academia de Arte de Múnic e na de Düsseldorf. Entre 1952 e 1957 estudou filosofía na universidade de Colonia. En 1959 celebrou a súa primeira exposición individual na Galería Schmela de Düsseldorf. En 1964 aceptou un posto como docente na Universidade de Pensilvania, cargo que exerceu durante catro anos. A Universidade de Baltimore nomeouno Doutor en Belas Artes en 1994. Ultimamente alternaba as súas residencias entre Massachusetts e Düsseldorf.
En 1957, Piene e Heinz Mack fundaron o grupo ZERO, uníndoselles en 1961 Günther Uecker. Este grupo mostrouse moi activo entre 1961 e 1966, celebrando numerosas exposicións, así como publicando de xeito periódico a revista homónima. A esa época pertencen obras como Lichtballette ("Balé de luz") e Rauchbilder ("Imaxes de fume"), no que a relación entre a obra exposta e as enerxías naturais primarias son máis que evidentes. Piene participou con obras súas en documenta en 1959, 1964 e 1977.
Otto Piene traballou cos seus Rauchbilder; lume e fume son elementos importantes nas súas obras. Tamén experimentou con combinacións de elementos multimedia. Xunto cos seus correlixionarios Günther Uecker e Heinz Mack, converteuse en portavoz do Neuen Idealismus ("Novo Idealismo"). En 1968 realizou, en colaboración con Aldo Tambellini, o programa televisivo Black Gate Cologne, que é recoñecido como un dos pioneiros no seu xénero.
Tamén participou en dúas edicións da Bienal de Venecia, en concreto nos anos 1967 e 1971. En 1985 fixo o propio na Bienal de São Paulo. Quizais a súa obra máis popular fose o Arco da vella creado para a clausura dos Xogos Olímpicos de Múnic.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Otto Piene |