Lukoil Academic | |
Información xeral | |
---|---|
Nome | ПБК „Лукойл Академик“ |
Liga | NBL |
Fundación | 1947 |
Historia | Academic Sofia (1947-2000) |
Cores | Branco, vermello |
Presidente | Valentin Zlatev |
Adestrador | Toni Dechev |
Patrocinador | Lukoil |
Vestimenta | Legea |
Alcume | Студентите (Estudantes) |
Localización | |
Cidade | Sofía, Bulgaria |
Pavillón | Armeets Arena |
Capacidade | 12.395 |
Inauguración | 30 de xullo de 2011 |
Campionatos | |
Liga | 24 (1957−1959, 1963, 1968, 1969−1973, 1975−1976, 2003−2013, 2015) |
Copa | 11 (1952, 1954, 2002−2004, 2006−2008, 2011−2013) |
lukoilacademic.bg |
O PBC Lukoil Academic (en búlgaro: ПБК „Лукойл Академик“) é un club profesional de baloncesto da cidade de Sofía, capital de Bulgaria, que xoga na Natsionalna basketbolna liga, a máxima categoría do baloncesto do país. É o club máis laureado do baloncesto búlgaro, chegando incluso a xogar dúas veces a final da Copa de Europa (actual Euroliga) a finais dos anos 1950.
Fundada en 1947 como parte dos clubs Academic Sofia, é o equipo máis laureado de Bulgaria. Entre os seus premios internacionais destacan as dúas finais disputadas en 1958 e 1959 da da Copa de Europa (actual Euroliga), ambas perdidas contra o ASK Riga, e a Copa Internacional de Estudantes en 1957.
No ano 2000, o equipo trocou o seu nome polo de Lukoil Academic, como acordo de patrocinio asinado coa compañía petroleira rusa Lukoil, estabelecéndose rapidamente como o equipo dominante do campionato búlgaro. Dende entón é un participante habitual na Copa ULEB.