PTC Integrity é un software de xestión do ciclo de vida das aplicacións, (en inglés, software system lifecycle management (SSLM)) deseñado como Software privativo cunha interface en escritorio e outra web, nun modelo de cliente/servidor. A aplicación dá soporte de enxeñaría ao Modelo V permitindo crear requisitos de sistema e crear unha trazabilidade cara aos requisitos de software, as respectivas arquitecturas, a creación e ligazón de tests asociados, permite crear e manter defectos en rede e a integración de software. Finalmente o Software provee ao usuario dos KPI (key performance indicator) do sistema.
A empresa norteamericana PTC (Parametric Technology Corporation) fundada en 1985, con base en Boston, está especializada en softwares que sorporten enxeñaría de procesos en industrias moi reguladas e verticais onde se audite regularmente a conformidade do sistema, como os requisitos da automoción Automotive SPICE ou a industria médica. A empresa é propietaria do código de Creo, Windchill ou Mathcad, e en 2007 compra o software MKS Integrity, para rebautizalo como PTC Integrity en 2011. [1]
O Software actualmente mantén os seguintes bloques de funcionalidades :