Pablo Martinez

Pablo Martinez
Información persoal
Nome Pablo Jean Antoine Martinez
Nacemento 21 de febreiro de 1989
Lugar de nacemento Martigues
Altura 1,82 m.
Posición Defensa central
Información de club
Club actual Deportivo da Coruña
Número 16
Carreira xuvenil
2003–2007 Nîmes
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2007–2009 Mallorca B
2009–2010 Uzès
2010–2011 Martigues 6 (0)
2011–2013 ES Uzès 63 (2)
2013–2016 GFC Ajaccio 94 (1)
2016–2017 Angers SCO 9 (0)
2017–2019 Racing de Estrasburgo 56 (3)
2019–2022 Nîmes 63 (2)
2022– Deportivo da Coruña 65 (4)
Na rede
Twitter: pama3721 Editar o valor en Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 22 de xuño de 2024.
editar datos en Wikidata ]

Pablo Jean-Antoine Martinez Espeisse, nado en Orange, Vaucluse, o 21 de febreiro de 1989, é un futbolista francés, de ascendencia española. Xoga de defensa central no Deportivo da Coruña, da Primeira Federación. Vestiu as camisetas de varios clubs franceses, cos que militou nas cinco principais categorías do seu país, e pasou tamén polo Mallorca B e o Deportivo da Coruña, acumulando un total de sete ascensos de categoría ao longo da súa carreira. Disputou 126 encontros na Ligue 1, máxima categoría do fútbol francés.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

De ascendencia española por parte de seu pai, con orixes en Alacant,[1] naceu na vila de Martigues, no departamento francés de Vaucluse.[2] Formouse como futbolista na canteira do Nîmes e en 2007 recalou en España para xogar co Mallorca B na Terceira División.[3] Tras dúas campañas no club balear e un ascenso a Segunda B, aos 20 anos regresou a Francia e xogou unha tempada no ES Uzès (2009/10), logrando un novo ascenso, ata a cuarta categoría do fútbol francés (CFA). A continuación fichou polo FC Martigues, no que militou un ano (2010/11), conseguindo ascender ao Championnat National.[3]

En 2011 regresou ao ES Uzès e obtivo o seu cuarto ascenso consecutivo, tamén ao Championnat National (terceira categoría do país).[3] Debutou na categoría na campaña seguinte, disputando 32 encontros.

Gazélec Ajaccio

[editar | editar a fonte]

En xuño de 2013 fichou polo Gazélec Ajaccio, tamén do Championnat National.[4] Titular indiscutible na defensa do equipo durante os seguintes anos, logrou o ascenso na súa primeira campaña, despois de quedar terceiro na clasificación e de que o Luzenac AP, segundo clasificado, non cumprise os requisitos para ascender.[5] Debutou na Ligue 2 o 1 de agosto de 2014, nunha vitoria por 2-0 sobre o Valenciennes.[6] Na súa segunda tempada co club de Ajaccio conseguiu un segundo ascenso consecutivo, ao acabar o equipo na segunda posición, só por detrás do Troyes.[3]

Debutou na Ligue 1 na primeira xornada da tempada 2015/16, ante o propio Troyes. Perdeu varias xornadas por lesión e rematou con 28 partidos a súa primeira tempada na elite, na que tres derrotas nos tres últimos encontros condenaron o Gazélec Ajaccio ao descenso. Pechou o seu paso polo club con 99 partidos oficiais e un gol.

En xuño de 2016 fichou polo Angers, tamén da máxima categoría,[7] club no que militou durante unha tempada.

Racing de Strasbourg

[editar | editar a fonte]

Nas seguintes dúas campañas xogou no Racing Club de Strasbourg,[8] co que se proclamou campión da Copa da Liga de Francia na tempada 2018/19.

Para a tempada 2019/20, fichou polo Nîmes.[9] Militou no club occitano durante tres anos, o último deles na Ligue 2, despois de descender na 2020/21. Xogou co Nîmes un total de 65 encontros oficiais, nos que marcou 2 goles.

Durante a súa carreira disputou un total de 126 encontros na Ligue 1, 120 deles como titular, nos que marcou 5 goles e repartiu 6 asistencias.

Deportivo da Coruña

[editar | editar a fonte]

O 1 de setembro de 2022 anunciouse a súa fichaxe polo Deportivo da Coruña da Primeira División RFEF.[10] Non tivo minutos nos primeiros partidos da tempada, ante a dupla de centrais titulares formada por Jaime e Lapeña, e tivo que esperar ata o 28 de setembro para debutar co club galego, xogando de titular ante o Talavera en Riazor.[11] Co paso das xornadas acabou por converterse nun titular indiscutible e no mellor defensor do equipo, xogando de central e en ocasións de lateral esquerdo. Disputou un total de 30 partidos na súa primeira tempada en Galicia, 29 deles como titular, e participou co equipo na frustrada promoción de ascenso, caendo ante o Castellón.[12]

Na tempada 2023/24 continuou como titular habitual no centro da defensa do club coruñés, pero formando parella xa con Pablo Vázquez. O equipo adestrado por Idiakez proclamouse campión da categoría e conseguiu así o ascenso, o sétimo na carreira de Pablo Martinez.[3]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Mallorca
ES Pays d'Uzès
  • CFA (1): 2011/12.
Racing de Estrasburgo
Deportivo da Coruña
  1. Fernández, Carlos Alberto (27 de outubro de 2022). "Pablo Martínez: "Al final del encuentro, pedí disculpas al equipo por el error”". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 21 de outubro de 2023. 
  2. "Une offre de Nîmes pour Martinez ? Le joueur dément !" (en francés). 16 de maio de 2018. Archived from the original on 17 de maio de 2018. Consultado o 2 de setembro de 2022. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Regueiro, Zeltia (17 de maio de 2024). "La incógnita de ‘Pama". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2024. 
  4. "Pablo MARTINEZ en Rouge et Bleu!" (en francés). 9 de xuño de 2013. Arquivado dende o orixinal o 02 de setembro de 2022. Consultado o 2 de setembro de 2022. 
  5. "L'USJA Carquefou renonce au National" (en francés). 13 de xuño de 2014. Consultado o 2 de setembro de 2022. 
  6. "Francia - P. Martinez". Soccerway (en castelán). Consultado o 2 de setembro de 2022. 
  7. "Transfert : Pablo Martinez du Gazélec à Angers" (en francés). 21 de xuño de 2016. Consultado o 2 de setembro de 2022. 
  8. "Transferts - Ligue 1 : Pablo Martinez signe à Strasbourg pour deux ans" (en francés). 21 de xuño de 2017. Consultado o 2 de setembro de 2022. 
  9. "Transferts : Pablo Martinez (Strasbourg) va s'engager avec Nîmes" (en francés). 24 de xuño de 2019. Consultado o 2 de setembro de 2022. 
  10. "Pablo Martínez, novo xogador do Dépor 22-23". Deportivo da Coruña. 1 de setembro de 2022. Consultado o 2 de setembro de 2022. 
  11. Sanz, Miguel (6 de febreiro de 2023). "Pablo Martínez, de parche a líder de la defensa del Deportivo" (en castelán). Consultado o 14 de xuño de 2023. 
  12. "El 1x1 del Deportivo tras la derrota ante el Castellón". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de xuño de 2023. Consultado o 14 de xuño de 2023.