Palacio de Deportes José María Martín Carpena

Martín Carpena
Datos
Coordenadas36°40′57″N 4°27′38″O / 36.682467, -4.460628
LocalizaciónEspaña Málaga, España
Outros nomesCiudad de Málaga
Construción
Inauguración2000
Ampliación2010
Estadio
Capacidade11 300 espectadores
PropietarioAyuntamiento de Málaga
LocalíaUnicaja Málaga
Webhttps://www.malagadeporteyeventos.com/
editar datos en Wikidata ]

O Palacio de Deportes José María Martín Carpena é un pavillón deportivo multiúsos localizado en Málaga, España. É a principal instalación deportiva cuberta da cidade e un dos principais complexos deportivos da Costa do Sol. É coñecido por ser a cancha do Club Baloncesto Málaga "Unicaja".

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Anteriormente coñecido como Palacio dos Deportes Cidade de Málaga, cambiou o seu nome en honra a José María Martín Carpena, concelleiro do Partido Popular no Ayuntamiento de Málaga asasinado en 2000 pola banda terrorista ETA.

Orixinalmente tiña capacidade de 11.300 espectadores[1] e unha superficie que rolda os 22.000 metros cadrados. En 2007 expúxose un proxecto para ampliar a capacidade do recinto a unha cantidade próxima aos 17.000 espectadores debido á gran demanda de localidades e abonos por parte dos afeccionados do Unicaja Málaga. Finalmente o proxecto aprobouse para ampliar o aforamento até 13.000 espectadores. O proxecto de ampliación atópase na súa segunda fase.

  1. "Palacio de Deportes, datos de interés.". Arquivado dende o orixinal o 01 de xaneiro de 2014. Consultado o 09 de abril de 2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]