Viven de 3 a 5 anos, e alcanzan a madurez sexual a idade temperá. Son hermafroditas protoándricos, é dicir, que comezan a súa vida adulta sendo machos para convertérense despois en femias.[2]
A reprodución lévase a cabo na primavera, sendo a fecundación interna. As femias producen até 3 000 ovos, que leva a nai debaixo do abdome durante 6 días antes de que comecen a desenvolvérense as larvas.[2]
As larvas permanecen no plancto entre 4 e 6 meses. Durante este tempo van á deriva nas correntes e teñen un potencial de dispersión de polo menos 10 km.[2]
Teñen unha taxa de crecemento alta, o que significa que as poboacións poden recuperarse rapidamente despois dunha destrución ou dunha perturbación do hábitat.
.[3]
O xénero foi descrito en 1814 polo zoólogo e biólogo mariño William Elford Leach no capítulo "Crustaceology" na obra dirixida por D. Brewster The Edinburgh Encyclopædia. Edinburgh: A. Balfour, na que tamén describe a familia dos pandálidos.[4]
↑ 2,02,12,22,3T. Komai (1999): "A revision of the genus Pandalus (Crustacea: Decapoda: Caridea: Pandalidae)". Journal of Natural History33 (9): 1265–1372. Ver en PDF.
Costello, M. J., Emblow, C. & White, R. J. (eds.) (2001): European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50. ISBN 2-85653-538-0.
Holthuis, L. B. (1993): The recent genera of the Caridean and Stenopodidean shrimps (Crustacea, Decapoda): with an appendix on the order Amphionidacea. Leiden: Nationaal Natuurhistorisch Museum. ISBN 90-73239-21-4.
Tavares, Carolina & Joel W. Martin (2010): "Suborder Dendrobranchiata Bate, 1888", en F. R. Schram, J. C. von Vaupel Klein, J. Forest & M. Charmantier-Daures (eds.) Treatise on Zoology – Anatomy, Taxonomy, Biology – The Crustacea. Volume 9A Eucarida: Euphausiacea, Amphionidacea, and Decapoda. Brill Publishers. ISBN 978-90-04-16441-3. PDF.