Pandorina | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Colonias de Pandorina morum de Smith (1920, p. 201)[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Species | |||||||||||||||
Pandorina é un xénero de algas verdes que forma colonias con forma de saco globular de 8, 16, ou ás veces 32 células unidas polas súas bases e rodeadas pola mucilaxe que engloba a colonia. As células son ovoides ou lixeiramente estreitadas nun extremo con forma de pera ou de pedra de clave de arco. Cada célula ten dous flaxelos con dous vacúolos contráctiles na súa base, unha mancha ocular, e un grande cloroplasto con forma de copa con polo menos un pirenoide.
As colonias coordinan o seu movemento flaxelar para crear un movemento natatorio rodante. Pandorina mostra unha incipiente polaridade na colonia e diferenciación, que é máis evidente en xéneros como Volvox, xa que as células anteriores teñen manchas oculares meirandes. A secuenciación molecular indica que Pandorina e parafilética con respecto a Volvulina.[2][3][4]
A reprodución asexual é por división simultánea de todas as células da colonia para formar autocolonias que son liberadas pola xelatinización da envoltura colonial. A reprodución sexual ocorre por división de cada célula da colonia dando 16-32 zoogametos. Os zoogametos mostran sinais de heterogamia, unha lixeira diferenza en tamaño e motilidade dos pares que se fusionan para formar un cigoto de parede fina.[1]