Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de xuño de 1956 (68 anos) Chicago Heights, Estados Unidos de América (pt) |
Grupo étnico | Afroamericano |
Educación | Universidade Harvard Harvard College La Lumiere School (en) |
Actividade | |
Ocupación | guionista, director de televisión, sindicalista, produtor de televisión, director de cinema, produtor de cinema, realizador |
Período de actividade | 1989 - |
Premios | |
| |
Paris K.C. Barclay, nado o 30 de xuño de 1956 en Chicago, Illinois, é un director e produtor de televisión dende comezos da década de 1990.
Gañou dous premios Emmy, así como un do gremio de Directores de América pola súa dirección dos episodios de NYPD Blue, recibindo ademais recibiu numerosos eloxios da crítica e outros premios como o Peabody ou o NAACP.
Actualmente, Barclay é o produtor executivo e director principal da serie de ficción da HBO, In Treatment, protagonizada por Gabriel Byrne, Dianne Wiest, Alison Pill, John Mahoney e Hope Davis. A serie foi recoñecida con catro nomeamentos aos Premios Emmy (incluíndo finalmente os galardóns para Wiest e Glynn Turman), cinco nomeamentos ao Globo de Ouro (cun galardón para Byrne), un nomeamento DGA (para Barclay) e dous nomeamentos Premio Imaxe (para Barclay e Blair Underwood). Tamén foi seleccionado como un dos 10 Programas de Televisión do Ano.