O parque do Oeste é un parque da cidade española de Madrid, situado entre a estrada da Coruña, a Cidade Universitaria e o distrito de Moncloa.
Antes do século XX, os terreos que actualmente ocupa o parque eran o principal vertedoiro de lixos da cidade. A construción do parque foi iniciativa de Alberto Aguilera, alcalde da cidade a principios do século XX, quen en 1906 pediu ao paisaxista Celedonio Rodrigáñez o trazado dun lugar para o paseo e descanso. Conta con lugares únicos e belos como a «Rosaleda do parque do Oeste», na cal celébrase anualmente un concurso internacional de rosas. O Templo de Debod tamén se atopa nesta zona.
|
---|
Inmobles e lugares senlleiros | |
---|
Prazas e rúas | |
---|
Museos | |
---|
Artes escénicas | |
---|
Parques e xardíns | |
---|
Estadios | |
---|