Partido Antirrevolucionario | |
---|---|
Acrónimo | ARP |
Tipo | partido político |
Ideoloxía | Democracia cristiá |
Data de fundación | 3 de abril de 1879 |
Data de disolución | 27 de setembro de 1980 |
Fundador(es) | Abraham Kuyper |
Sede | A Haia |
País | Países Baixos |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Partido Antirrevolucionario (Anti-Revolutionaire Partij ARP) foi un partido político dos Países Baixos de ideoloxía democristiá e confesión protestante. Malia que o partido nunca superou o dez por cento dos votos desde a segunda guerra mundial a súa influencia foi grande na política holandesa, o ARP foi un dos partidos que formaron a actual Apelación Demócrata Cristiá en 1980 o cal supuxo a disolución da propia ARP. En 1976 tiña 59.495 militantes
Aínda que desde a década de 1840 existía unha fracción antirrevolucionaria no parlamento holandés, o partido como tal formouse como reacción á lexislación escolar de 1878 e foi o primeiro grupo en dotarse dun programa e dunha organización nacional nos Países Baixos. O ARP era un partido protestante ortodoxo oposto ás ideas da Revolución Francesa. O ARP baseaba a súa política na Biblia e opúñase ao concepto de soberanía popular, era polo demais un partido nacionalista oposto á descolonización e partidario dunha política de defensa forte para manter uns Países Baixos neutrais, vía á monarquía da Casa de Orange como un vínculo histórico e relixioso co pobo holandés e opúñase a cambios no sistema político holandés; nos anos 60 e 70 a xustiza social converteuse nun punto importante no programa do partido.