Partido pola Democracia | |
---|---|
Partido político de Chile | |
Dirixentes e organización | |
Líder | Natalia Piergentili Domenech[1] |
Mocidades | Juventud PPD |
Filiación internacional | Internacional Socialista Alianza Progresista |
Historia | |
Fundación | 15 de decembro de 1987 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Progresismo[2] Liberalismo de esquerda Socioliberalismo Socialdemocracia Democracia participativa Feminismo[3] |
Outros datos | |
Sede | Santo Domingo 1828, Santiago de Chile |
Na rede | |
www.ppd.cl | |
O Partido pola Democracia (en castelán: Partido por la Democracia, PPD) é un partido político chileno socialdemócrata de centroesquerda que se autodefine como democrático, progresista e paritario.[4]
Foi fundado o 15 de decembro de 1987 mediante un acto liderado por Ricardo Lagos, Sergio Bitar e Jorge Schaulsohn no Círculo Español de Santiago.[5] No discurso de constitución, Lagos explicitou que o carácter deste partido era instrumental, xa que buscaba unificar votos para o plebiscito de outubro de 1988, que tiña por obxectivo decidir sobre a continuidade da ditadura militar de Augusto Pinochet, e que o seu principal obxectivo era a reconstrución da reconciliación nacional, polo que se postulaba como un "partido sen fronteiras ideolóxicas".[5] O PPD participou na formación da Concertación de Partidos pola Democracia en 1988, formando parte das sucesivas administracións desta coalición política que gobernaron Chile entre 1990 e 2010.[6]
No ano 2012, o partido uniuse á coalición Por un Chile xusto. A partir de abril de 2013, forma parte da Nova Maioría e como tal, integra o segundo goberno de Michelle Bachelet (2014-2018) en varios postos ministeriais.[6] Dende o 11 de marzo de 2018, toma lugar como oposición no segundo goberno de Sebastián Piñera. A súa organización xuvenil é a Juventud PPD.[6]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Partido pola Democracia |