Granadilla | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
''Passiflora ligularis'' Juss., 1805 |
Passiflora ligularis, popularmente chamada granadilla (non confundir coa milgrandeira, da especie Punica granatum) ou maracuxá doce, é unha planta trepadora pertencente á familia Passifloraceae orixinaria do centro de México, en toda América Central e o oeste de América do Sur, desde Colombia, Venezuela, Ecuador, oeste de Bolivia ao sur do Perú.
É unha planta trepadora vigorosa que se une aos soportes mediante gabiáns. As follas son longas, basifixadas, enteiras, amplamente ovadas, profundamente cordadas, abruptamente subcaudadas-acuminadas, de 8-17 cm de longo, 6-15 cm de ancho; con pecíolos de 5-15 cm de longo, con 3-5 pares de glándulas filiformes alongadas; estípulas foliáceas, ovadas, de 1-3 cm de lonxitude. Pedúnculos de 2-5 cm de longo, articulados directamente debaixo da flor; brácteas implicadas e foliáceas, ovadas, de 2-4 cm. longo. As flores, con cheiro almizclado, miden 7-9 cm de diámetro; cáliz oblongo, de 3-5 cm de lonxitude; sépalos verde pálido estreitamente lanceolados de 3-4 cm de longo; pétalos brancos rosas; filamentos de coroa de cor púrpura azulado en dúas series, a máis externa tan longa como os pétalos.
O froito ovoide é unha baga verde cando está inmatura e vólvese de cor amarela laranxa con pequenas manchas brancas cando está madura. O seu tamaño é de 6,5 a 8 cm de longo e de 5,1 a 7 cm de diámetro. A casca é fina, lisa e quebradiza. A polpa (arilo), de sabor moi aromático, é de cor branca amarelada a laranxa con textura mucilaxinosa. Contén numerosas sementes planas e negruzcas.[2]
Valor nutricional por 100 g | |
---|---|
Enerxía | 410 kJ (98 kcal) |
2.20 g | |
Vitaminas | Cantidade %DV† |
Vitamina A equiv. | 8% 64 μg |
Riboflavina (B2) | 2333% 28 mg |
Niacina (B3) | 2320% 348 mg |
Ácido pantoteico (B5) | 1360% 68 mg |
Vitamina B6 | 8% 0.100 mg |
Vitamina C | 36% 30.0 mg |
Vitamina E | 0% 0.02 mg |
Vitamina K | 1% 0.7 μg |
Minerais | Cantidade %DV† |
Calcio | 1% 12 mg |
Magnesio | 8% 29 mg |
Cinc | 1% 0.10 mg |
| |
†As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos. |
Esténdese desde o centro de México, por toda América Central e o oeste de América do Sur, desde Colombia, Venezuela, Ecuador, o oeste de Bolivia até o sur do Perú.[3] Cultívase e naturalízase en Xamaica e nas zonas montañosas de Haití. O seu hábitat natural son as zonas de clima subtropical xa que non resiste a calor, temperaturas entre 15° e 18 °C, 600 a 1000 mm de precipitación anuais e altitudes de 1700 a 2600 metros sobre o nivel do mar.[2]
Colombia é o primeiro produtor mundial deste froito, cunha produción que alcanzou as 53.000 toneladas en 2011, extraídas de preto de 4.600 hectáreas plantadas en todo o territorio nacional. Comercialízase con éxito en mercados nacionais e internacionais, principalmente no continente europeo. Os principais produtores de Passiflora ligularis son: Colombia, Ecuador, Costa Rica, o Perú e Bolivia. Os principais importadores son México, os Estados Unidos, o Canadá, Bélxica, os Países Baixos, Francia e España.[4]
Passiflora ligularis foi descrita por Antoine Laurent de Jussieu e publicada en Annales du Muséum National d'Histoire Naturelle 6: 113–115, t. 40. 1805. [5]
Véxase: Passiflora
ligularis: epíteto latino que significa "con lígulas".[6]
O seu nome en castelán e portugués varía en todo ámbito iberoamericano[8][9]: "granada china", "granada de moco" (México), "granadilla" (Andes), "granadita", "granadilla común" (Guatemala), "granadilla" (Ecuador), "parcha dulce", "parcha importada" (Venezuela), "pachío" (Bolivia), "maracujá doce" (Brasil).
Contén vitaminas A, B2, B3, B6, B9, C, E e K. Tamén contén minerais como calcio, cobre, ferro, magnesio, fósforo, potasio, selenio, sodio e cinc.[10] O zume ten:
En México, a especie máis coñecida desta familia é a chamada 'granada china' ou 'granada de moco' (P. ligularis, Juss.)
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Passiflora ligularis |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Passiflora ligularis |