Pateiro

Pateiro / Patexo
Polybius henslowii
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Crustacea
Clase: Malacostraca
Orde: Decapoda
Suborde: Pleocyemata
Infraorde: Brachyura
Superfamilia: Portunoidea
Familia: Portunidae
Xénero: Polybius
Leach, 1820
Especie: P. henslowii
Nome binomial
Polybius henslowii
Leach, 1820

O pateiro[1] ou patexo,[1][2][3] Polybius henslowii Leach, 1820, é unha especie de crustáceo decápodo braquiúro da familia dos portúnidos.

É un cangrexo pequeno de cacho arredondado e patas aplanadas,[4] sendo a única especie do xénero Polybius.[5]

É un bo nadador que se alimenta en augas abertas do nordés do océano Atlántico e o oeste do mar Mediterráneo.[5]

Ten certo interese comercial en Galicia, sendo consumido en mariscadas. Péscase coa patexeira,[6]

Descrición

[editar | editar a fonte]

A carapa do pateiro é case circular, de superficie moi pouco convexa ou case plana,[7] de 48 mm de largo e 40 mm de longo.[4] O primeiro par de pereiópodos (patas dianteiras coas que camiñan os decápodos) leva quelas (pinzas), e os catro pares de patas restantes son aplanados cos bordos con franxas ou peluxe.[8] Isto contrasta con outros membros da familia Portunidae, que adoitan ter só o último par de patas adaptadas para nadaren.[9] P. henslowii is red-brown on the upper surface, and paler beneath.[7][8] O abdome do macho é triangular, cos segmentos terceiro a quinto soldados; no das femias, máis estreito, estes segmentos están soldados.[7]

Distribución e hábitat

[editar | editar a fonte]

Polybius atópase no norte e leste do océano Atlántico dende as illas Británicas até Marrocos (incluíndo Galicia), e no oeste do mar Mediterráneo.[7] Algúns poucos exemplares foron apañados no mar do Norte, no leste das Shetland, e no Skagerrak.[8] Tense espallado cara ao sur do mar do Norte, posibelmente por mor do cambio climático.[10]

Pódese atopar en sedimentos areosos e de grixos en profundidades de até os 500 m.[9]

Ecoloxía e comportamento

[editar | editar a fonte]

O pateiro é un bo nadador, podendo nadar preto da tona da auga do mar, onde se alimenta de sardiñas, luras e outros animais.[9] P. henslowii ás veces ten sido ollado en comportamentos peláxicos, en enxames ou bancos. Estes grupos están maiormente compostos por machos, e crese que iso está relacionado co ciclo reprodutivo.[8]

En Galicia, o pateiro é unha importante fonte de alimento para a gaivota patiamarela (Larus cachinnans).[11] Polo verán, o sapoconcho coñecido coma tartaruga mariña común (Caretta caretta) de América do Norte aliméntase case exclusivamente de pateiros.[12]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Polybius henslowii foi por vez primeira descrito por William Elford Leach en 1820, coma monoespecífico dentro do xénero Polybius.[13]

Malia que algunhas especies engadíronse durante períodos de tempo ao xénero, despois encadráronse dentro doutros xéneros coma Liocarcinus, Necora ou Macropipus.[13]

O nome do xénero, "Polybius", vén do historiador grego Polibio (en grego antigo Πολύϐιος Polýbios); o nome específico "henslowii" púxose en honra de John Stevens Henslow, profesor de botánica da Universidade de Cambridge,[14] que recolleu unhas mostras da especie que un mariñeiro pescador de arenques apañara no norte de Devon (suroeste de Inglaterra) en 1817.[15] Esta foi a primeira de varias especies nomeadas na honra do porfesor Henslow.[15].

En Galicia

[editar | editar a fonte]

É unha especie moi común en todas as augas galegas, aparecendo adoito nos arrastres efectuados tanto nas rías como na plataforma continental, ata os 300 m de profundidade ou máis. Aínda que é bentónico, o pateiro presenta, como quedou dito, fases peláxicas, achándose en moitos casos en toda a columna de auga. Realiza grandes migracións, ao parecer relacionadas con cambios da temperatura da auga e os ciclos reprodutivos.[7]

Chega de arribada ás rías principalmente nos meses de verán, presentándose os machos en maior proporción, dándose usualmente unha segregación por sexos. Alcanza densidades moi grandes tanto nas rías como na plataforma, chagando a prexudicar os traballos da pesca doutras especies de maior interese comercial.[7]

Dado o seu escaso valor económico empregouse para fertilizar as terras de cultivo, e foi obxecto noutro tempo dunha pescaría específica con estas miras. Por outra parte, téñense realizado estudos bromatolóxicos de cara ao seu posíbel uso na fabricación de pensos.[7]

Nomes galegos

[editar | editar a fonte]

Á parte dos nomes citados, recibe en galego outros nomes vulgares, como pateixo,[4][16] patelo,[4][7][16] patilado,[4][16] pato,[4][16] patulate,[16] poteiro,[4][16] e outros.

O profesor A. Santamarina, en nota etimoilóxica na obra de Ríos Panisse, di que parte dos nomes anteriores (pato e derivados) aluden ao corpo deprimido ou aplanado deste animal (en galego pato = "aplanado"),[17] e que o resto das formas remiten a un termo composto antigo pati-lado "pata ancha", desfigurado pola desaparición da lingua viva do adxectivo lado "ancho".

  1. 1,0 1,1 pateiro Arquivado 22 de xullo de 2013 en Wayback Machine. no dicionario da RAG.
  2. Lahuerta, D. e Vázquez, F. X. (2000), p. 210.
  3. Nomes preferidos en varias publicacións: Vocabulario de ciencias naturais Santiago de Compostela, Xunta, 1991; Gran dicionario Xerais da lingua galega Vigo, Xerais, 2009; Dicionario da Real Academia Galega, A Coruña, RAG, 2012.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 Ramonell, Rosa (1985), pp. 256-257.
  5. 5,0 5,1 Polybius henslowii Leach, 1820 no WoRMS.
  6. Definición en Diccionario Cumio da lingua galega, Vigo, Ed. do Cumio, 1999
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 7,5 7,6 7,7 González Gurriarán, Eduardo e Matilde Méndez G. (1985), pp. 100-101.
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 "Zooplankton and Micronekton of the North Sea". Marine Species Identification Portal. Arquivado dende o orixinal o 03 de novembro de 2013. Consultado o 12 de febreiro de 2012. 
  9. 9,0 9,1 9,2 Andrew Hosie (2009). "Polybius henslowii. Henslow's swimming crab". Marine Life Information Network: Biology and Sensitivity Key Information Sub-programme. Plymouth: Marine Biological Association of the United Kingdom. Arquivado dende o orixinal o 03 de novembro de 2013. Consultado o 12 de febreiro de 2012. 
  10. J. A. Lindley, G. Beaugrand, C. Luczak, J.-M. Dewarumez & R. R. Kirby (2010). "Warm-water decapods and the trophic amplification of climate in the North Sea". Biology Letters 6 (6): 773–776. PMC 3001376. PMID 20554562. doi:10.1098/rsbl.2010.0394. 
  11. Ignacio Munilla (1997). "Henslow's swimming crab (Polybius henslowii) as an important food for yellow-legged gulls (Larus cachinnans) in NW Spain" (PDF). ICES Journal of Marine Science 54 (4): 631–634. doi:10.1006/jmsc.1997.0249. 
  12. O. Ocaña, A. G. de los Rios y los Huertos & A. Brito (2005). "The crab Polybius henslowii (Decapoda: Brachyura) as a main resource in the loggerhead turtle (Caretta caretta) diet from North Africa". Revista de la Academia Canaria de Ciencias 17 (4): 103–116. 
  13. 13,0 13,1 Peter Davie & Michael Türkay (2012): Polybius Leach, 1820 no WoRMS. Consultado o 26 de agosto de 2014.
  14. R. W. Ingle (1997). Crayfishes, Lobsters, and Crabs of Europe: an Illustrated Guide to Common and Traded Species. Springer. p. 140. ISBN 978-0-412-71060-5. 
  15. 15,0 15,1 Stuart Max Walters, Max Walters & Elizabeth Anne Stow (2001). "Appendix 4. Eponymous taxa". Darwin's Mentor: John Stevens Henslow, 1796–1861. Cambridge University Press. pp. 285–288. ISBN 978-0-521-59146-1. 
  16. 16,0 16,1 16,2 16,3 16,4 16,5 Ríos Panisse, Mª C. (1977), pp. 44.45.
  17. Outro exemplo deste uso de pato témolo no nome doutro artrópodo, o piollo pato (Phthirus pubis).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]