![]() (2018) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de abril de 1948 ![]() Oxford, Reino Unido ![]() |
President of the British Society for the History of Science (en) ![]() | |
2016 – 2018 ← Gregory Radick (en) ![]() ![]() ![]() | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Oxford Imperial College London ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Filosofía da ciencia, historia da ciencia, literatura infantil e xuvenil, literatura de divulgação científica (pt) ![]() ![]() ![]() |
Ocupación | historiadora, profesora universitaria, historiador da ciencia, escritora ![]() |
Empregador | Universidade de Cambridge ![]() |
Sitio web | clare.cam.ac.uk… ![]() |
Patricia Fara, nada en Oxford o 15 de abril de 1948, é unha historiadora da ciencia na Universidade de Cambridge. Desde 2016 a 2018 foi Presidenta da Sociedade británica para a Historia de Ciencia. Fara é autora de destacados libros de historia de ciencia.[1]
Fara comezou a súa carreira académica como física pero logo especializouse en Historia e Filosofía de Ciencia, doutorándose no Imperial College London en 1993.[1][2]
Foi Directora de Estudos e ocupou outros cargos no Departamento de Historia e Filosofía da Ciencia do Clare Colllege. En 2016 foi nomeada Presidenta da Sociedade británica para a Historia de Ciencia.
As súas investigacións céntranse no papel do retrato e a arte na historia da ciencia, a ciencia na Inglaterra do século XVIII durante a Ilustración e o papel da muller na ciencia. Escribiu sobre numerosas mulleres na ciencia, as matemáticas, a enxeñaría e a medicina, entre elas: Hertha Ayrton, Lady Helen Gleichen, Mona Chalmers Watson, Helen Gwynne-Vaughan, Isabel Emslie Hutton, Flora Murray, Ida Maclean, Marie Stopes e Martha Annie Whiteley.[3][4][5][6] Defendeu proporcionar máis apoio para o coidado dos nenos co fin de aumentar a retención das mulleres na ciencia.[7] Escribiu e é coautora de varios libros para público infantil sobre ciencia.[8] Fara tamén é revisora de libros de historia da ciencia.[9] O seu libro máis recente é A Lab of One's Own: Science and Suffrage in the First World War (2017), no que "aborda o estudo da práctica científica realizada por moitas mulleres no período da I Guerra Mundial"[1][10] entre elas Caroline Haslett[11]. En 2013, Fara publicou un artigo en Nature, no que suliñaba o feito de que as biografías das científicas perpetúan os estereotipos.[12]
En Dialnet pódese consultar a súa obra,[13] na que destacan: