Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) María de la Paz Padilla Díaz 26 de setembro de 1969 (55 anos) Cádiz, España |
Actividade | |
Ocupación | presentadora de televisión, actriz de cinema, actriz de teatro, humorista |
Período de actividade | 1989 - |
Empregador | Mediaset España (2009–2022) |
Premios | |
|
María de la Paz Padilla Díaz, nada en Cádiz o 26 de setembro de 1969, é unha humorista, actriz e presentadora española actualmente ligada á cadea Telecinco.
Despois dunha etapa inicial ligada ao Hospital Universitario Puerta del Mar da súa cidade natal, como auxiliar de clínica, Paz Padilla empezou na televisión en 1994 no programa de humor Genio y Figura emitido en Antena 3. Colaborou en varios programas máis nesta cadea. En 1996 pasou ás autonómicas, copresentando o programa Inocente, Inocente e pouco despois a TVE, en 1996 pasou a Muchas Gracias 96 na Noiteboa de 1996, onde Paz Padilla o presentou e contou ademais chistes. Entre 1997 e 1999 colaborou no famoso programa Crónicas Marcianas de Telecinco, con grande éxito.
Entre 1995 e 1997 colaborou na emisora COPE. Tras continuar a súa carreira na televisión, pasou ao teatro da man do grupo El Terrat, e ao cine con películas como Raluy, una noche en el circo (1999) ou Marujas asesinas (2001), tamén interpretando papeis máis serios como a nai dun neno acosador na longametraxe Cobardes (2008). Ademais traballou na televisión de España, en ¡Ala... Dina! (2000-2001) en TVE e Mis adorables vecinos (2004-2006), en Antena 3. Durante 2008 e 2009 conduciu o late-night Paz en la tierra en Canal Sur Televisión. Tras a súa fichaxe por Telecinco en 2009, presenta Sálvame os venres; Al Ataque Chow, ocasional acces prime time de Telecinco e Dejadnos Solos (2010). Tamén presentou as galas do Nadal de Telecinco en 2009 e 2010, ambas as dúas con grandes datos de audiencia.