Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de xaneiro de 1736 Villanueva del Fresno, España (pt) |
Morte | 28 de marzo de 1818 (82 anos) Ourense, España |
Lugar de sepultura | catedral de Ourense |
Cardeal | |
8 de marzo de 1816 – | |
Bispo de Ourense | |
15 de abril de 1776 – ← Alonso Francos Arango (en) – Dámaso Iglesias Lago → Diocese: diocese de Ourense | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Universidade de Salamanca |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1776–), sacerdote católico (1760–), político |
Consagración | Felipe Beltrán Serrano (pt) |
Pedro Benito Antonio Quevedo e Quintano, nado en Villanueva del Fresno, Badaxoz, o 12 de xaneiro de 1736 e finado en Ourense o 28 de marzo de 1818, foi un eclesiástico e político español.
De familia fidalga, un dos seus bisavós foi o militar galego Pedro Mariño de Camba Sotomayor y Ulloa. Cursou os seus primeiros estudos cos xesuítas de Badaxoz. Licenciouse en Teoloxía no Seminario Diocesano de Ávila e doutorouse na Universidade de Salamanca (1766).[1]
Nomeado bispo en 1776, foi fundador do Seminario de Ourense en 1803, e un dos cinco elixidos para participar no Consello de Rexencia que fixo as funcións da Xunta Suprema Central durante a Guerra da Independencia. Foi nomeado Inquisidor xeneral ata a disolución do Santo Oficio polas Cortes de Cádiz, onde se mostrou renuente a recoñecer que a soberanía nacional recaese nas propias Cortes, negándose a xurar a Constitución de 1812 polo que foi desterrado.[2] En 1816 o Papa Pío VII nomeouno cardeal.
O seu sepulcro na Catedral de Ourense foi realizado polo escultor Antoni Solà.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pedro de Quevedo y Quintano |
A Galipedia ten un portal sobre: Ourense |
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Alfonso Francisco Arango |
Bispo de Ourense 1776 - 1818 |
Sucesor: Dámaso Egidio Iglesias Lago |