Peidos de lobo | |||||
---|---|---|---|---|---|
Lycoperdon umbrinum | |||||
Clasificación científica | |||||
|
Os peidos de lobo, tamén coñecidos coma fungos de sapo e bufos de vella[1] son nomes comúns de varios fungos (basidomicetos) da familia das licoperdáceas de corpo frutífero globoso, abrancazados por fóra e que poden chegar aos 24 cm de diámetro, ao principio cheos dunha gleba branca, maciza (comestíbel) que ao madurecer se transforma nun po pardo formado polas esporas.
En inglés coñécense co nome de puffball. Inclúen os xéneros Calvatia, Calbovista e mais Lycoperdon.[2] Todas os falsos peidos de lobo son tóxicos, ademais de xotos e de gusto amargo. Cómpre evitar o xénero Scleroderma, que ten unha gleba purpúrea.[3]
Refrán: Meniño encetado, auga da fonte e po de peido de lobo (referíndose ás `propiedades terapéuticas do fungato. Aplicábase sobre as feridas coma antibiótico e cicatrizante).
Ordes principais:
Do mesmo xeito, as verdadeiras trufas (Tuberales) son Ascomycota gasteroides. Os seus ascocarpos chámanse tuberothecia.