Pentaceratops Rango fósil: Cretáceo superior | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Restauración de Pentaceratops. | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||||
|
Pentaceratops (do grego antigo: "cara con cinco cornos") é un xénero representado por unha única especie de dinosauro ceratopsiano ceratópsido, que viviu a finais do período, hai aproximadamente 75 a 73 millóns de anos, durante o Campaniano, no que hoxe é Norteamérica.
Pentaceratops medía preto de 8 metros de lonxitude e 4 de altura, cun peso estimado de 5 500 quilogramos. Presentaba tres cornos na súa cabeza, un peteiro forte e groso semellante ó dos papagaios, un volante óseo (gola) revestido de espiñas, ademais de patas macizas e un corpo robusto. Probablemente o Pentaceratops, do mesmo xeito que a maioría dos ceratopsianos, presentaban un comportamento gregario.[1]
Pentaceratops, como todos os ceratopsianos, era un herbívoro. Durante a súa vida as plantas con flores estaban limitadas, e é tan probable que este dinosauro se alimentase coas plantas predominantes da era: fentos, cycas e coníferas. Utilizaría o seu peteiro agudo de ceratopsiano para arrincar as follas ou as agullas.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pentaceratops |