Perdicinos Perdicinae Rango fósil: mioceno - actualidade 20,43 - 0 Ma [1] | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Perdiz (Alectoris rufa) | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||
|
A dos perdicinos (Perdicinae) é unha subfamilia de aves da orde dos galiformes e familia dos fasiánidos, que inclúe numerosas especies, como as perdices, os paspallases, francolíns (Francolinus sp.), que se direnencian doutras galiformes entre outras cousas, por non teren esporóns.[2]
Forman nun grupo de aves non migratorias de tamaño de mediano a pequeno, propias do Vello Mundo, distribiuídas por Europa, Asia, África e o Oriente Medio, que se alimentan de sementes e aniñan no solo.
A subfamilia inclúe moitas das aves de caza máis estimadas.[3]
A subfamilia foi descrita en 1821 polo naturalista estadounidense Thomas Horsfield,[4] aínda que algúns autores atribúen a súa descrición a Bonaparte en 1838.[5][6]
O nome Perdicinae está formado sobre a raíz Perdic-, do xenitivo do nome do seu xénero tipo, Perdix (do latín perdix, -īcis, 'perdiz', coa adición do sufixo do latín científico -inae, propio dos nomes das subfamilias de animais.
Na actualidade, de acordo coa clasificación do Sistema Integrado de Información Taxonómica, recoñécense dentro da subfamilia os vinte e dous xéneros seguintes:[7]
Subfamilia Perdicinae Horsfield, 1821
1 Cómpre sinalar que na actualidade este xénero está integrado na familia dos odontofóridos, subfamilia dos ptilopaquinos,
![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Perdicinos |