Retrato de Ascanius (contra 1788) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Peder Ascanius 24 de maio de 1723 Aure, Noruega |
Morte | 4 de xuño de 1803 Copenhague, Dinamarca |
País de nacionalidade | norueguesa |
Educación | Universidade de Uppsala |
Actividade | |
Campo de traballo | Biólogo |
Ocupación | zoólogo e mineraloxista |
Empregador | Universidade de Copenhague |
Membro de | |
Profesores | Carl von Linné |
Influencias | |
Obra | |
Abreviatura do autor en zooloxía | Ascanius |
Premios | |
Membro da Royal Society | |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Lista
|
Peder Ascanius, coñecido como Peter Ascanius, nado o 24 de maio de 1723 en Aure, provincia de Møre og Romsdal (Noruega), e finado o 4 de xuño de 1803 en Copenhague, foi un zoólogo e mineraloxista noruegués,[1] un dos discípulos de Linneo.[2]
Ascanuis estudou Historia Natural na Universidade de Uppsala baixo a dirección de Linneo.
Despois de rematar os seus estudos, durante os anos de 1768 a 1770 viaxou ao longo das costas de Noruega para estudar a fauna mariña. Como resultado destes estudos publicou, en 1805, en Copenhague, cinco volumenes dos seus Icones rerum naturalium, con figuras iluminadas da historia natural do norte.
Así mesmo, dirixiu as minas de Kongsberg e doutros lugares de Noruega.
Trasladouse a Copenhague, en cuxa Universidade ensinou zooloxía e mineraloxía desde 1759 a 1771.
Ascanius xogou un gran papel na organización das Universidades do seu país e, en 1755, foi elixido membro estranxeiro da Royal Society de Londres.[3]
Legou as súas inmensas coleccións e a súa fortuna á Real Sociedade de Ciencias de Noruega.
Entre outras, en 1767, describiu a especie Labrus bergylta, peixe da familia dos lábridos.[4][5]
Entre outras obras, a súa máis famosa publicación, foi:
A abreviatura Ascanius emprégase para recoñecer a Peter Ascanius como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Peter Ascanius |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Peter Ascanius |