PewDiePie: Legend of the Brofist | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Outerminds Inc. |
Distribuidora(s) | Outerminds Inc. |
Compositor(es) | Tadd Nuznov |
Motor | Unity |
Lanzamento | 2015 |
Xénero | Acción e plataformas |
Modos de xogo | Un xogador, multixogador |
Plataforma(s) | iOS, Android, Microsoft Windows, macOS |
Na rede | |
https://outerminds.com/game/pewdiepie-legend-of-the-brofist | |
[ editar datos en Wikidata ] |
PewDiePie: Legend of the Brofist é un videoxogo de acción e plataformas desenvolvido e publicado polo estudio independente canadense Outerminds Inc., en colaboración con PewDiePie. O xogo foi lanzado para iOS e Android o 24 de setembro de 2015 e converteuse no xogo de pago con maior recadación nas App Store dos Estados Unidos tan só dúas horas despois do seu lanzamento.[1][2] As versión para Microsoft Windows e macOS foron lanzadas o 10 de decembro de 2015, co modo cooperativo adicional.
PewDiePie tivo aspiracións de lanzar o seu propio videoxogo dende había moito tempo, e en decembro de 2014, revelou ós seus seguidores que estaba a colaborar con Outerminds Inc. para crear un videoxogo baseado en el. Estivo moi involucrado no desenvolvemento do xogo para asegurarse que de que sería ó máis semellante a como o querían os seus seguidores.[3]
O xogo inclúe referencias a vídeos seus e elementos da cultura popular, ademais das voces de CinammonToastKen, Markiplier, Cryaotic (Cry), JackSepticEye e CutiePieMarzia.