Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de marzo de 1906 Quang Ngai, Vietnam (pt) |
Morte | 29 de abril de 2000 (94 anos) Hanoi, Vietnam |
1º Primeiro ministro de Vietnam | |
2 de xullo de 1976 – 18 de xuño de 1987 ← sen valor – Phạm Hùng → | |
Primeiro ministro de Vietnam | |
20 de setembro de 1955 – 2 de xullo de 1976 ← Ho Chi Minh | |
Deputy Prime Minister of Vietnam (en) | |
25 de xullo de 1947 – 20 de setembro de 1955 | |
Membro da Asemblea Nacional de Vietnam | |
Datos persoais | |
Educación | Lycée Albert Sarraut (en) |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Comunista de Vietnam |
Carreira militar | |
Conflito | Guerra do Vietnam |
Participou en | |
18 de abril de 1955 | Conferencia de Bandung |
Movemento de Países Non Aliñados | |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Фам Ван Донг) Enciclopedia soviética armenia Obálky knih, |
Pham Van Dong ,Phạm Văn Đồng, nado en Mo Duc o 1 de marzo de 1906, finado en Hanoi o 29 de abril de 2000, foi un político vietnamita e ex-Primeiro Ministro de Vietnam do Norte e do Vietnam reunificado.
En 1926 viaxa a Guangzhou (no sur da China) para asistir a un curso de adestramento dirixido por Nguyen Ai Quoc (Ho Chi Minh) para logo ser admitido na Asociación Xuvenil Revolucionaria de Vietnam (predecesora do Partido Comunista de Vietnam).
En 1929 traballa para a asociación e é arrestado polos franceses, sendo sentenciado a 10 anos de cadea, que cumpre até 1936, cando se lle dá a amnistía.
En xeral, Pham Van Dong foi considerado como un destacado comunista e líder nacionalista; un dos máis fieis discípulos de Ho Chi Minh e unha das maiores figuras da Guerra de Vietnam. Coñeceuse como un político que tratou de manter unha posición neutral nos diversos conflitos dentro do partido, particularmente despois da unificación de Vietnam en 1975.
Foi Primeiro Ministro de Vietnam do Norte entre 1955 e 1976 e tamén Primeiro Ministro de Vietnam entre 1976 e 1987.
Faleceu o 29 de abril do 2000.[1]